Hoxe ANB, (que ben lle queda ese nome, non si? Acaso non é A Nosa Biblioteca, a Biblioteca Virtual de todos e todas nós?) o noso blogue de referencia, o noso PROFE, MESTRE, MAGO, AMIGO... e moitísimo máis cumple catro anos na blogosfera.
Chegado este día non podemos deixalo pasar sen agradecerlle a ANTONIO ALONSO, e non só nós, senón TODAS AS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS, a esas máns que nos levan pola Web 2.0 e máis aló, por ternos sacado ao exterior, porque grazas á súa xenerosidade sen límites, á súa paciencia e ao seu bo facer, hoxe, 9 de novembro de 2008, OS BLOGUES DAS BIBES GALEGAS son xa un referente.
FELICIDADES E QUE SEXAN MOITOS MÁIS!!!
Tamén en:Biblioafonso
Iniciarte
8 comentarios:
Acabo de publicar mi post y me encuentro con este sorpresón. Sois la leche !!!
Gracias !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
grazas Loly. Unha reportaxe preciosa. Vou facer unha visita virtual a Antonio para o tirón de orellas
charo
Norabóa Loly por o slide, pero xa fai catro anos? Antonio xa é tan indispensable no noso traballo que me sorprende que sexan sólo eses catro porque por outra banda parece que desde sempre estivo ahí.
Un bico e gracias polo recordatorio!
Un chisquiño de emoción sae desa reportaxe. O noso mestre virtual está en todas partes. Eu tamén me vou dar un paseo por ANB. Grazas polo recordatorio Loly.
BENQUERIDO PROFE; Disque é de ben nacidos ser agradecidos, logo que menos, non si?
Charo, Begoña, Beni... grazas por estar sempre aí.
Beni, como sempre tes razón, como non vai haber emoción cando do que se fala xa é de AMIZADE?
Bicos para os CATRO!!!
A Pescadora de Historias do CEIP de Esteiro de Ferrol quere darvos a noraboa polo traballo tan impresionante que facedes día a día.
!Así gañades premios!!!,!como non!!!
Biquiños de laranxa para todos os que facedes posible estas páxinas.
A Pescadora de Historias
Feliciadades a ambas "BIBLIOTECAS":
*a Antonio por tantos anos de apoio directo e indirecto ao resto das Bibes (que van ser só catro anos!??, non serán catrocentos???)
*a Loly porque, sen dúbida, a súa alma de reportera é xenerosa con maiúsculas.
Noraboa e un saúdo agarimoso desde a Biblio do CEIP de Pazos.
Grazas Loly por facernos recordar unha celebración tan importante da que partiu toda a tolemia dos blogues das bibliotecas escolares galegas. Coma sempre mostrándonos a túa xenerosidade para con todos
Grazas.
Publicar un comentario