Esta semana queremos ofrecer a nosa pequena homenaxe a todas esas mulleres e homes (aínda que nunha porcentaxe moito menor), que se enfrontan con forza, con moitísima forza, ao cancro da mama ou de calquera outro tipo.
Para tod@s vós, para tí Rosa, miña benquerida amiga, e para todos os que están ao voso carón dándovos apoio, forza, cariño, moitísimo cariño ... este marabilloso vídeo de Luz Casal.
"Se Feliz" é unha fermosísima cancion chea de optimismo que compuxo durante a súa loita contra un cancro de mama
"Se Feliz" é unha fermosísima cancion chea de optimismo que compuxo durante a súa loita contra un cancro de mama
A batalla pode ser moi dura, o inimigo terrible, pero non invincible!!!
2 comentarios:
Moitas grazas, pola parte que me toca, por esta fermosa entrada.
Ata nesto estamos xuntos... tentando dar ánimos e sobre todo cariño, non si?
Que moi pronto tamén, celebremos xuntos as boas novas!!
Bicos.
Publicar un comentario