Foi un acto ben fermoso no que Chispa tivo o seu momento máxico, cando ante autoridades, rapaces, profes, pais, nais, e amigos, e a través dunha carta que leu Rosana, agradeceu a cantos fixeron posible a chegada deste gran dia.
Outro dos momentos máis fermosos foi cando dous alumnos de 6º de primaria, contaron o que para eles era a Biblioteca. Alberto falou da biblioteca como un lugar para ler e relaxarse e Nerea dixo que era un dos seus sitios preferidos porque alí estaba rodeada de Maxia, os Libros!!
E chegou o momento de Antón Cortizas que nos contou para que servía un libro, e a pesar da insistencia dos máis pequenos que non paraban de dicir que para ler, el, empeñábase en dicir que servía para sentarse, para agocharse da choiva, para defendérmonos…, pero sobre todo PARA SOÑAR por iso as bibliotecas deberían chamarse “SOÑOTECAS”. Fermoso, non si?
Parabéns a Rosana e a toda a comunidade educativa do CEIP de Pazos por esta fermosísima biblioteca, un espazo máxico cheo de ilusións e proxectos que desexamos poder seguir compartindo
Para “O Segrel” foi un verdadeiro pracer celebrar con todos vós este gran día.
3 comentarios:
Despois de semellante reportaxe, non sei que dicir. Non quero que penses que perde o seu valor por tela escoitado hoxe tantas veces: GRAZAS! Que máis lle poido dicir a "O Segrel do Penedo"?
As nosas portas están abertas para o que necesitedes, xa sabemos que as vosas tamén. Un bico grande e un saúdo agarimoso.
QUE FERMOSA BIBLIOTECA!
PARABÉNS POR ESTE ACTO DE INAGURACIÓN, SE XA TIÑA DESEXOS DE VISITAR ESTA BIBLIOTECA AGORA AÍNDA MAIS.
NÓTASE O TRABALLO BEN FEITO.
FELICIDADES ROSANA.
Moitísimas grazas Loly por continuar ensinándonos as marabillosas bibliotecas escolares galegas, a verdade é que é preciosa.
Publicar un comentario