mércores, 3 de decembro de 2008

"Violence Against Women" - Yes, We Can !!

En "O Segrel", na nosa loita "Contra a Violencia de Xénero", dedicamos toda a semana a levar a cabo distintas actividades nas que participaron dende os máis pequenos, os de 1º de ESO, ata os de 2º de Bacharelato.

Si, os de 2º tamén. Yes, We Can!!

Nesta ocasión traballamos cos textos, cancións e videos que durante esta semana foron publicados en algúns dos blogues das nosas Bibliotecas Escolares:

... In Memorian (Milladoiro-Malpica)
Un Conto Triste (Mesturas)
Videos Musicais (Mesturas / O Segrel do Penedo)
Videos (Trafegando / Isaac Peral & O Segrel do Penedo )

Acaso, nas orientacións xerais de Inglés, a CIUG non di que... "os textos deben ter relación coa arte, a historia, a literatura, a política, a economía, a vida social e cultural dos países de fala inglesa etc., co fin de integrar o estudo da lingua no contexto socio-cultural deses países. O alumnado ten que familiarizarse con diferentes niveis da lingua inglesa: culto, formal, familiar etc., sen entrar no estudo de rexistros especializados"

Estas actividades non se saen para nada destas "orientacións"...!!!!




Pero esto non foi todo, o día 25N tamén realizamos a actividade "Música e Poesía Contra a Violencia de Xénero"

Alumnado de 1º e 2º de ESO acompañados por Tamara Santamariña Sanmartín de 1º de Bacharelato e o seu acordeón, leron poemas, entre outros, de Medos Romero, Carlos Solla, Kiko Neves... Podedes velo en Radio Barullo.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Si realmente nos implicásemos nas aulas cos temas cotidianos veriamos que non é tan complicado dar as clases desde distintos puntos de vista, sempre podemos ensinar e aprender sen perder a perspectiva da realidade.

O Segrel do Penedo dixo...

Canta razón!!
Xa ves que eu continúo, agora imos traballar cos Dereitos Humanos, para iso, para non perder a realidade...

Related Posts with Thumbnails