mércores, 21 de novembro de 2007

A teoría evolutiva, uns bonecos e unha canción.

Esta semana recibimos un correo do profesor Walt Andersen, catedrático de Bioloxía Evolutiva nunha universidade europea da que por razóns obvias non daremos o nome. Este home escoitou unha canción hai dezasete anos e, desde esa, non é capaz de quitala da cabeza. Deixou os traballos de investigación de fósiles e dinosauros, para centrarse no estudo minucioso de bonecos folclóricos. Esta semana, dicíamos, con motivo do tropecentos aniversario da publicación da “Orixe das especies” de Charles Darwin, enviounos as fotografías que mostran como os bonecos, ao igual que calquera especie, tamén evolucionan.




Se alguén quere escoitar a canción que o trastornou, pode facelo neste vídeo. Pero advertimos que quitala da cabeza é moi, moi difícil.



1 comentario:

O Segrel do Penedo dixo...

Ai, como se notan as querencias... eh, compañeiro?
E falando de evolución, xa quixeran algúns ter evolucionado tanto como os bonecos!!!

Related Posts with Thumbnails