luns, 12 de novembro de 2007

Roteiro por Barallobre

O mércores pasado, e dentro dos actos de homenaxe á figura de Xosemaría Pérez Parallé (O Segrel do Penedo), fixemos un roteiro, co alumnado de 1º de ESO, polos lugares de Barallobre ligados ao Poeta.
Estivemos no Local da Sociedade, no Casal de Sandulfe, na antiga fábrica de curtidos, no lugar do Pazo da familia de Lago, na Igrexa de Barallobre e na Liga de Amigos.
Este roteiro fixémolo xunto cos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria do CEIP O Ramo. A experiencia foi tan positiva que esperamos repetila noutras ocasións.
Acompañáronnos os membros da directiva da Liga de Amigos, Henrique Sanfiz, director de Radiofusión, quen nos explicou a historia de cada un dos lugares polos que pasamos e por suposto a policía local e protección civil
Os rapaces e rapazas fixeron unha magnífica lectura de poemas en cada un dos puntos do roteiro, pero o momento máis emotivo foi cando na casa da familia nos recibiron a viúva e a filla de Parallé, e un alumno do poeta que leu un poema que lle tiña dedicado ao seu mestre.
Canto disfrutamos!
ARA
Cruceiro da miña aldea
na veira do camposanto:
chuvia e vento,
noite e pranto.
Lus de pedra que alumea,
na fror da tarde serea,
a mourenxa do tormento.
¡Cruceiro
da miña
aldea,
altar do arrepentimento!
J.M. P. Parallé

Ningún comentario:

Related Posts with Thumbnails