xoves, 23 de abril de 2009

En O Segrel estamos de Celebración!!

Hoxe, en O Segrel estamos de celebración e por partida doble.

O 23 de Abril, "Día do Libro" -vaia data ben significativa para unha Biblioteca Escolar- celebramos o noso segundo ano na blogosfera.

Era o ano 2007... Como pasa o tempo!! Se parece que foi onte cando con dous artigos, un de presentación e outro contando quen era O Segrel do Penedo, facíamos a presentación en sociedade. e canto ten acontecido xa!!!

Pero decíavos que era unha celebración doble, xa que ao ano seguinte, e para celebrar tan fantástico acontecemento, nesa mesma data, o 23 de Abril, nacía Radio Barullo, o blog da nosa radio escolar.

Este ano, e para non ser menos, queremos celebralo dando os nosos primeiros pasos en TWITTER! -Paciencia... dádenos uns días, que isto só é cuestión de comezar...

A semana pasada Javier Celaya quería saber se nas Bibes Galegas estabamos a utilizar esta ferramenta. -Sempre é Javier Celaya quen nos pon na pista. Primeiro entramos na blogosfera movidos polo seu extraordinario entusiasmo e o seu xeito de contaxialo, e agora nos dou ese empurronciño que nos faltaba para converternos en "Twitters" - Gracias Javier!!!

E nós, que somos alumnos moi aplicados, non esquecimos o consello que nos dou naquelas Xornadas de Bibes alá polo ano 2006 "Este mundo é moi doado, o único que necesitades son mans que vos leven", e como somos así, de natural impulsivo, "Meu dito, meu feito", atopamos esas mans, as mans de ANB, que fixeron, e seguen a facer posible que cada 23 de Abril dende o ano 2007, celebremos esa data en O Segrel cunha novidade. -Grazas Antonio!!

Grazas a todas e todos os que nos visitades, nos apoiades, nos animades... porque sen vós, esta, unha das nosas paixóns, non tería sentido.

E por suposto, grazas mil @S AMIG@S por estar sempre aí e por facer desta unha viaxe fantástica chea de magníficos traballos compartidos, traballos colaborativos e dunha grande complicidade, onde tantísimo aprendemos e donde cada día somos máis conscientes de tanto como nos queda por aprender. Pero aí andamos...

Que sexan moitos máis en tan MAGNÍFICA COMPAÑÍA!!

Boca.
Biblioteca
Biblioteca.
Dedos.
Libroteca
Librostocas
Leo...
Son palabras no recreo.
Gloria Sánchez.

luns, 20 de abril de 2009

Publicidade*



*Dedicado aos homes e ás mulleres que esta semana estrean despacho... e aos que se van.

sábado, 18 de abril de 2009

Encontros do Plambe 08/09

De volta dos Encontros do Plambe o primeiro que nos ven á cabeza e darlle os parabéns a Cristina e Pilar por unha organización, como ven sendo habitual, perfecta.

Nós, como somos do primeiro Plambe, só estivemos o venres -canto botamos en falta a noite de charlas, risas... o tempo para falar cos amigos e coñecer á xente nova, para disfrutar vendo os materiais expostos... - pero o que non pode ser, non pode ser e ademais é imposible!!

Os poñentes de primeira, como sempre tamén.
A xornada comezou con Felipe Zayas "Ler e escribir na Rede: novos obxectivos do alfabetismo" falounos da competencia comunicativa e as TICs.
A nós gustounos especialmente a charla de Glória Durban -a quen admiramos e seguimos dende hai moito tempo e cuxos materiais son imprescindibles para nós- e con quen tivemos unha agradable conversa durante a comida. Glória falou de "A biblioteca escolar e o desenvolvemento da competencia informacional"
"A biblioteca escolar útil ten que ser visualizada na escola e no instituto como un entorno de aprendizaxe e lectura con recursos para a realización de intervencións didácticas e a consecución do curriculum"

"Hai que convencer ao claustro das posibilidades da biblioteca como entorno de aprendizaxe"
E que dicir de Emilio Pascual. Non podería haber mellor xeito de clausurar estes Encontros! Impresionounos e agradecimos fondamente -especialmente nestes momentos- "A lectura dos outros" unha valente defensa da lectura. Esperamos poder dispor do texto completo da conferencia para colgalo en O Segrel e que podades disfrutalo vós tamén. Non vos perdades o magnífico artigo de Mesturas "De cangarexos e Doutrinas do Shock"

Música vía Magnatune con lecenza CC

luns, 13 de abril de 2009

Autismo: Unha Relación Moi Especial

Vía Digizen chéganos "Mon petite frère de la lune" unha fermosísima curta de animación sobre o autismo que non debedes deixar de ver.

Esta é unha curta, gañadora do Gran Premio e do Premio do Público do Festival Handica-Apicil 2007, na que unha nena pequena nos conta, coa súa linguaxe sinxela, a relación que mantén co seu irmán autista.

O director e pai deste dous pequenos, Frédéric Philibert, explicou "Non queríamos transmitir unha mensaxe que fora triste, por iso o noso fillo sitúase nunha burbulla de luz que pode ampliarse cando a súa irmá consegue poñerse en contacto con el"

Para saber algo máis sobre o autismo


APNA

AETAPI

Confederación Autismo España

Publicidade

sábado, 11 de abril de 2009

Matemáticas 2.0: A Aprendizaxe por Proxectos

A través da Bitácora de Anibal de la Torre atopo este vídeo no que tres mozas e un mozo de 1º de bacharelato do IES Valsequillo (Gran Canaria) contan a súa experiencia de aprendizaxe por proxectos integrados na materia de matemáticas de 4º de ESO impartida polo profesor Carlos Morales Socorro.

Unha experiencia da que nos falan en termos de aprender a aprender, autonomía na aprendizaxe, aprendizaxes significativas, motivación, diversidade de métodos para acadar un mesmo obxectivo, visión global dos problemas, tratamento da información, desenvolvemento das CCBB...

Explican as distintas ferramentas das que dispuxeron, foros, wikis... e a plataforma Moodle como soporte dese cambio metodolóxico.

Comentan tamén, que aínda que ao principio foi en ocasións agobiante logo da práctica todo resultou moito mellor, utilizando expresións como "matemáticas divertidas" (cantos dos nosos alumnos e alumnas utilizarían ese calificativo para describir as nosas materias/metodoloxías??) e algo que penso é fundamental, chegaron a descubir que "As matemáticas están en todas partes"

Ata cando pensamos seguir negando a evidencia???


Deixovos tamén un interesante documento sobre Competencia Dixital elaborado por Boris Mir e que chegamos a el vía Educación Tecnológica

venres, 10 de abril de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XLIII)

Kurt Kobain, cantante, guitarrista, compositor e lider de Nirvana, morto fixo 15 anos o día 5 de abril, e Mari Trini, falecida o pasado martes, día 7, estarán esta semana nos Nosos Venres Musicais.

As diferencias entre eles son obvias, nin por nacionalidade, nin por estilo musical, nin pola súa vida e moito menos pola súa morte, hai semellanzas entre estas dúas personalidades, pero o azar quixo que esta semana, e case coincidindo no mesmo día, lembrásemos a tráxica e aínda non esclarecida morte de Kurt Kobain e nos conmovéramos coa noticia da morte de Mari Trini.

Non deixedes de escoitalos, seguro que disfrutaredes coa súa música!!




xoves, 9 de abril de 2009

Selo Violeta !!

Isto é impresionante, non ben acabamos de agradecer un fermoso agasallo cando xa estamos a recibir o segundo!!!

Nesta ocasión é o Selo Violeta que nos chega dende o Blog da Biblioteca Milladoiro de Malpica, un blog amigo cheo de maxia e encantamento a quen lle agradecemos dende aquí esta marabillosa distinción.

O Selo Violeta ven de Blogstórias Essenciais e segundo os seus creadores "O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".

Este agasallo ven xunto cunhas regras que debemos cumplir:
- Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
- Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
- Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso!
- Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Para nós son Blogs Violeta:
A Nosa Biblioteca
BiblioAfonso
Sacapenas para Gaza
Arte Chachi
Castro de Baronceli
Curso 6º de Quintela
Cousas das nenas e nenos de Vide
Biblioteca Brea Segade
5º e 6º Milladoiro
Unha Biblioteca chea de Tesouros

E se temos que escoller un par de poderes máxicos... Hummm, realmente complicado, pero quedaríamonos con A maxia da Fada Madriña de Cincenta (que xa somos madriñas e seique nos falta ese pequeno detalle!!) e por suposto con A maxia da mirada dos máis pequechos, que para nós e moi, pero que moi poderosa!!

Grazas tamén a Bibliobrey e a Bibliobelesar por agasallarnos co seu Selo Violeta.

mércores, 8 de abril de 2009

Xoias da Pintura e Memoria Visual

Hoxe, e dende un dos nosos blogs amigos, traémosvos uns xogos de memoria visual que, pola súa temática, queremos dedicar especialmente a outro Blog AMIGO, esperemos que lle gusten!!

Fixádevos ben nestas xoias da pintura e vexamos como está esa memoria visual!!





Algún/ha de vós sabería dicirnos con que obras mestras estivemos a xogar?

martes, 7 de abril de 2009

Vaia co Gatiño!!

Este é un pequeno agasallo para todos e todas vós, pero especialmente para o noso benquerido Capitán K, por ser el quen sempre nos achega estes xogos, que mesmo ás veces seique nos quer tolear, e por suposto para O Rato Mik. Vexamos como se lle da ao noso "amigo" isto de perseguir ao gato...

O xogo consiste en non deixar fuxir ao gatiño. O micho non pode pisar as bolas escuras así que vós o que tedes que facer é clicar nas clariñas que se tornarán escuras ao momento.

Pero como todo, isto tamén se aprende practicando, así que picade no debuxo e... A xogar!!!

Por certo, sabedes como atopei ao micho??? Nin o imaxinades!!

Xa volo dicía eu, nin máis nin menos que mirando dende onde viña o agasallo "Maneiro"


luns, 6 de abril de 2009

O Agasallo do Rato Mik

Hoxe recibimos unha noticia fantástica, concédesenos o premio "Olha que blog Maneiro!" que ven a ser algo así como "Mira que blog tan creativo, tan bonito!"

Non credes que é un agasallo fermosísimo?

A nós, este recoñecemento énchenos de orgullo non só polo que significa senón tamén por quen nolo otorga O Recanto de Mik un blog amigo e admirado. GRAZAS MIL!!!

Máis este agasallo está rexido por unhas normas:

- Exhibir a imaxe do premio "Olha que blog Maneiro!"

- Poñer o nome do blog que cho concedeu.

- Indicar os 10 blogs aos que lle otorgas o premio.

- Avisar aos premiados.

- Publicar as reglas.

- Comprobar que os blogs premiados sigan estas reglas.

Nós, despois de pensalo bastante, pasamos o premio a:

BibliotecaA3P

Pasa Páxina

Discentia

BiblioBóveda

BiblioBrey

Ars Legendi

El Balcón Abierto

Arel-Arte

Educadores 21

Bibliomanía

Blogs todos eles aos que seguimos, admiramos e dos que tanto aprendemos.

Moitas grazas tamén polo seu recoñecemento como Blog Maneiro a Biblioblogreboreda, Iniciarte, Arel-Arte, Tartarugalectora e Bibliobrey

Publicidade

domingo, 5 de abril de 2009

Apture: "Multimedia no Blog"

Hoxe queremos presentarvos Apture, unha ferramenta fantástica que descubrimos, como tantas outras, no blog de Ángel Puente.

Apture permite engadir en cada artigo do noso blog unha multitude de recursos multimedia que se poden ver sen necesidade de abrir novas ventás ou pestanas que ás veces complican unha miaxiña a lectura dos posts.

Para comezar, un vídeo dunha marabillosa canción "Fallen" cantada a dúo por Randy Crawford e Soledad -Presuntos Implicados

Pero tamén podemos engadir documentos en pdf, artigos da wikipedia, presentacións, arquivos de son, fotografías, mapas, slideshow... vamos, que non queda nada que non se poda enlazar, así que vexamos algúns exemplos utilizando algúns dos artigos dos blogs das Bibes Galegas, que mellor, non si?.

Un impactante vídeo "The cost of living" que nos chegou a través de ANB

Arte e Cine dende Iniciarte

"A Web Social en un Club de Lectura" por Catuxa Seoane

Un fermosísimo poema, "Hagamos un trato" dun dos meus autores favoritos, Mario Benedetti

O Programa dos Encontros do Plambe 08/09 dende Bibliotecas Escolares

Unha fotografía de recordo do III Encontro Edublogs en Santiago

Santiago de Compostela en Google Maps

Que vos parece?

Animádevos, só tedes que rexistravos e ben pouco máis.

venres, 3 de abril de 2009

Os Nosos Venres Musicais (LXII)

Onte, 2 de abril, o cantante estadounidense Marvin Gaye, recordado por temas como “Midnight love” e “Sexual Healing” tería cumplido 70 anos.


Nos seus comezos foi batería dos grupos Smockey Robinson e The Miracles.
Conseguiu moitos éxitos para a Motown nos anos 60 tanto como solista, con temas como “How Sweet it is (to be loved by you”), “I heard it through the Grapevine”, como a dúo con Tammi Terrel co famosísimo “Ain’t no mountain high enough”.

A morte de Tammi, a súa gran musa, marcouno para sempre, e tras unha depresión xurdiu cun estilo moi personal que cambiou a historia do soul e deu lugar a un dos mellores momentos da música do século XX.

De aí saiu “What's Going On”, un álbum no que fusionou o soul con elementos do jazz e da música clásica, sobre a vida, o medio ambiente, a guerra do Vietnam e a supervivencia nos suburbios. Álbum unánimemente considerado como un dos mellores discos de soul da historia e que pronto se convertiría no seu maior éxito.



Máis en:
El País
El Mundo

Agradecemos ao noso AMIGO as súas magníficas suxestións para Os Nosos Venres Musicais, de seguir así haberá que incluilo en nómina...

mércores, 1 de abril de 2009

Lewis Hine e a súa Cruzada Contra o Traballo Infantil

Hoxe traémosvos a figura de Lewis Hine, un fotógrafo, sociólogo e humanista que naceu en Wisconsin en 1874 e que deixou o seu traballo como profesor para dedicarse á fotografía

Hine ve na cámara fotográfica un instrumento para a investigación, para o ensino. Para el a fotografía é un arte.

A comezos do século XX comezou a traballar para o Comité Nacional do Traballo Infantil (National Child Labor Committee) e a partir de aí recorreu o país captando instantáneas de nenos traballando nas rúas, en fábricas... traballo co que conseguiu endurecer as leis contra o traballo dos menores e así mellorar as súas condicións de vida.



martes, 31 de marzo de 2009

Celebración Día da Poesía

O mércores día 25 os nosos recreos enchéronse de música e poesía. Os encargados deste fermosísimo recital foron os alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato que estiveron acompañados ao piano por Xano Chao de 2º de ESO.

O acto foi presentado por Cristina Cabana de 2º de Bacharelato e léronse poemas de Alberti, Neruda, Benedetti, Celaya... pero o que máis nos sorprendeu foron uns fermosísimos poemas matemáticos lidos por rapaces e rapazas de 4º de ESO, unha marabillosa proposta que nos chegou da man do departamento desta materia e que queremos achegarvos para que vós tamén podades disfrutalos.


Pero esa non era a única sorpresa que nos deparaba esta fermosa xornada, Alba García Fariña de 2º de Bacharelato agasallounos lendo un poema do seu avó "A mi madre" que a emocionou e nos emocionou.

Grazas a todos e todas as que fixéchedes posible que nunha fermosa mañá de primaveira a poesía estivera moi presente no noso centro.

luns, 30 de marzo de 2009

Premios Irmandade do Libro 2009

O pasado sábado 28 foron entregados os Premios Irmandade do Libro 2009 que otorga a Federación de Libreiros de Galicia.

O galardonado, dentro do apartado de Centros de Ensino, foi o IES Eduardo Blanco Amor (Ourense), e para nós, e polo feito de ser finalistas, tamén o son o CEIP Quintela de Moaña (Moaña) e o CEIP San Martiño (Pontevedra)

Aos tres enviamos dende aquí os nosos parabéns por este galardón que non é nin máis nin menos que o recoñecemento ao seu fantástico labor en prol dos libros e a lectura.

Pero tamén queremos recoller as fermosísimas palabras de Xavier P. Docampo cando recolleu o seu premio na categoría de autor, un discurso no que falou de libros, de lingua... e que cremos non debemos perder o placer da súa lectura.

Vía Blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia


Publicidade

domingo, 29 de marzo de 2009

Festival Musical

O pasado venres 13 de marzo celebramos o primeiro festival musical do ano organizado polo noso centro na Sociedade Deportivo Recreativa O Pote.

Foi o bautizo do grupo os Fenéticos composto por Féliz Freire e Juan Ramón Pena (guitarras), Ricardo Varela (batería); todos eles de 3º de ESO, Laura López e Leonardo Sanz (baixo) e Laura Piñeiro cantante; estes últimos de 2º de ESO.

As actuacións foron seguidas por un bo número de espectadores.

Parabéns a todos, especialmente a Bárbara, a profe de música, que está a facer marabillas con estes mozos e mozas.

Ata a próxima!!


Reportaxe Gráfica Laura López

sábado, 28 de marzo de 2009

A Hora do Planeta

Sei o que estás pensando: que isto da Hora do Planeta é unha iniciativa moi interesante e que hai que ser solidarios e xente concienciada.

Vale. Pero a ver se es capaz de pasar unha hora sen consumir electricidade. Non o farás. Así que a próxima vez que lle botes a culpa aos americanos, ás multinacionais ou ao mundo no que vivimos, cala a boca.

Contaminamos porque coma ti hai millóns e moitos millóns máis que queren vivir igual. Encima o planeta non da para tantos. Por iso estamos metidos nun lío. Explícome?

Polo tanto, apaga o ordenador, move as cachas e vai dar un paseo que che sobran quilos.

A ver se nos entendemos. Voucho repetir en plan cine clásico.

venres, 27 de marzo de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XLI)

Onte comezamos unha nova actividade.

Sabela, que nunca deixará de sorprendernos, está a dirixir un obradoiro de teatro de sombras para o alumnado de 1º de ESO.

A obra elixida foi "Os Músicos de Bremen". No texto fálase de Caruso e, como ningún dos rapaces tiña oido falar del, decidimos dedicar "Os Nosos Vernres Musicais" a Enrico Caruso un dos tenores máis famosos da historia da Ópera.

Que o disfrutedes!!

mércores, 25 de marzo de 2009

Imaxes de Vida na Terra

Hoxe presentámosvos ARKive, unha colección única de miles de imaxes, vídeos e arquivos de animais en perigo de extinción. Mamíferos, aves, reptis, anfibios, peixes, plantas... cada especie cunha completísima ficha con información sobre o grupo ao que pertence, o seu hábitat, o seu estado de conservación, as principais ameazas, un glosario e referencias.

Esta web esta dividida en distintas seccións:
MyARKive: Unha utilidade que, unha vez rexistrados, nos permite crear a nosa propia colección de fotos e vídeos.

ARKive Education: Unha sección especialmente deseñada para o profesorado onde se poden atopar distintos tipos de recursos gratuitos (documentos en formato PDF, presentacións en PowerPoint e xogos on-line) todos eles clasificados por idades e materias.

Wild Photos: Un acontecemento organizado en Gran Bretaña e que reune aos mellores fotógrafos naturalistas do mundo.

Google Earth Plugin: Unha ferramente que nos permite explorar as especies marinas.




Vía Post-Tic
Related Posts with Thumbnails