lunes, 13 de abril de 2009

Autismo: Unha Relación Moi Especial

Vía Digizen chéganos "Mon petite frère de la lune" unha fermosísima curta de animación sobre o autismo que non debedes deixar de ver.

Esta é unha curta, gañadora do Gran Premio e do Premio do Público do Festival Handica-Apicil 2007, na que unha nena pequena nos conta, coa súa linguaxe sinxela, a relación que mantén co seu irmán autista.

O director e pai deste dous pequenos, Frédéric Philibert, explicou "Non queríamos transmitir unha mensaxe que fora triste, por iso o noso fillo sitúase nunha burbulla de luz que pode ampliarse cando a súa irmá consegue poñerse en contacto con el"

Para saber algo máis sobre o autismo


APNA

AETAPI

Confederación Autismo España

9 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

Quedei sen palabras.

Loly dijo...

Non é para menos!!

david dijo...

gustounos moito o agasallo que nos destes e estamos moi contentos/as con el.

Loly dijo...

David, alegrámonos que vos gustara. O voso blog é moi chulo e merecíadelo.
Apertas dende Fene

Andrade39A dijo...

Impresionante ese relato infantil.
Coincido con Antonio. No comment!!!

A idea de que a guitarra acompañara o recitado dos poemas partíu do voso pianista. Grazas pola inspiración, porque resultou realmente unha actividade moi emotiva.

Equipo biblioteca dijo...

Un agasallo para vós.
A tartaruga lectora

Montse dijo...

Loly, gracias por este articulo, lo reservo para sensibilizar a nuestro alumnado en un día que será "especial".

Loly dijo...

Encarna, é un orgullo enorme servir, a quen tanto admiramos, de inspiración. A nós a mestura de música e poesía leva anos funcionándonos moi ben.
Grazas á tartaruga por lembrarse de nós. Estamos moi contentos co voso agasallo

Loly dijo...

Montse, aquest curt ens va semblar meravellós per aquesta relació tan especial que descriu. Ens alegra que us pugui ser útil.
Petons

Related Posts with Thumbnails