martes, 25 de noviembre de 2014

II Xornadas de Tradición Oral: As Regueifas


Comezaron as II Xornadas de Tradición Oral no Segrel e fixémolo dun xeito inmellorable, achegando á rapazada a unha tradición cultural e lingüística milenaria, as Regueifas, da man dun dos mellores regueifeiros do país, Josinho da Teixeira

Josinho falounos da orixe da Regueifa, da súa medida, a rima e o ritmo. Un obradoiro que nos soubo a ben pouco, case que dúas horas que se pasaron nun suspiro, ou mellor dito, nun "Tara riro riro riro" e no que grazas a Josinho, un mestre na arte do inxenio e a improvisación, descubrimos algúns verdadeiros artistas entre a nosa rapazada, entre eles Julián, alumno de 2º ESO, quen compuxo unha regueifa que mereceu os parabéns do mestre.

Grazas Josinho, ata a próxima!!

Velaí tedes unha mostra de como transcurriu unha tarde de música, risas e festa no Segrel.



Unidade Didáctica As Regueifas 
Elaborada polo grupo de profesorado da Biblioteca O Segrel

3 comentarios:

Colexio Cervo dijo...

Alaaaa!!! Nos noso cole tamén estamos traballando as regueifas, coa axuda de dúas mamás que son unhas verdadeiras artistas!!! Aínda que o noso alumnado é de primaria, deuselle moi ben crear regueifas e logo cantalas. Ademais outro grupiño animouse a bailalas e a probar de bailar coa regueifa na cabeza.
Próximamente publicaremos no blog unha entrada coas imaxes!!!!
É a primeira vez que facemos esta actividade, pero encantounos a tod@s!!!!
Apertas dende Cervo!
María, responsable da biblioteca.

O Segrel do Penedo dijo...

Nós hai anos xa que estamos a traballar a oralidade. No entroido organizamos concursos de regueiras e é todo un éxito entre a rapazada.
Apertas dende Fene!

Ángel Prieto Linio dijo...

GRATIS durante estas fechas navideñas. En http://www.bubok.es/autores/aprilin puedes descargar gratis la primera parte de mi novela didáctica.

Related Posts with Thumbnails