viernes, 5 de abril de 2013

Roteiro Plambe-Ferrolterra (XIV) CEIP Santiago Apóstolo (Franza)

O pasado mércores, 3 de abril, tivo lugar, no CEIP Santiago Apóstolo de Franza, a xuntanza mensual do Plambe-Ferrolterra.

Como adoitamos facer, a reunión sempre comeza cun percorrido pola biblioteca.Unha fermosa biblioteca con recunchos acolledores e moreas de detalles preciosos que fan dela un lugar marabilloso que nos achega ao mundo dos libros e a lectura dun xeito ben máxico e que podedes seguir a través do seu blog "A casa de Pulpi".

Despois do paseo, que aproveitamos para as conversas c@s compañeir@s, a orde do día chegou da man de Begoña e de Encarna, das que sobran comentarios porque as dúas son ben coñecidas no mundo das Bibliotecas Escolares polo seu bo facer, quen, nesta ocasión, nos levaron a adentrarnos no Google.Sites e no Pinterest, dúas ferramentas imprescindibles hoxe en día.

E, por suposto, despois do traballo tamén chegou o momento do café e as lambonadas, momento que sempre aproveitamos para entregar ese pequeno agasallo que nos gusta que quede nas bibliotecas como lembranza do noso paso por elas, e nós, tamén levamos o noso recordo, que nesta ocasión era de "produción propia". Encantáronnos os tres, un fermoso "Refraneiro Popular", os "Dereitos do lector" de Pennac e unha utilísima "Guía da Biblioteca". 

Parabéns a Carmen e ó equipo da biblioteca polo seu magnífico traballo.
Ata sempre!!


2 comentarios:

Chispa dijo...

Grazas, compi, es a nosa reporteira máis "dicharachera". ¿Que fariamos sen ti? Magnífica reportaxe, coma sempre.
Bicoooos.

O Segrel do Penedo dijo...

O malo é que non me puidera quedar ao café e as lambonadas... cachisssss

Related Posts with Thumbnails