sábado, 20 de abril de 2013

Club da Rapazada de 3º e 4º de ESO

O pasado martes, e como ven sendo habitual dende que comezou o curso, cada terceiro martes de mes
reunímonos o club de lectura de 3º e 4º de ESO.

Case todos quedamos a comer no centro, un bo momento para compartir pizzas e risas antes de compartir lecturas. Nesta ocasión acompañounos un sol radiante e, despois do inverno que pasamos, non estabamos dispostos a comer dentro, así que collimos todos os petates e, aínda que non temos moito campo, parece mentira estando onde estamos...., decidimos aproveitar o recunchiño a carón das pistas e disfrutar das marabillosas vistas da Ría de Ferrol.

Pero como Aitor, e algún outro, seique non aguantan a pleno sol... a sesión do club a fixemos como sempre, na biblioteca. Nesta ocasión comentamos Maus, unha novela gráfica que a todos lles gustou incluso houbo quen a elixiu como unha das súas favoritas, senón a favorita.

Este curso dedicámonos a ler cómic e novela gráfica, o que nos dou bastantes quebradeiros de cabeza para facernos cun exemplar para cada un, xa que somos 20 e, dado o elevado custo destes exemplares, non podemos mercar máis dun exemplar para o centro. Pero botamos man dalgún centro amigo e sobre todo da BM de Fene e a BM de Redondela que dispoñen dun bo fondo. A todos eles agradecerlles a súa extraordinaria colaboración.

Nesta xuntanza, a penúltima xa do curso, fixemos algo que non é habitual, pero debido ao que vimos de expoñer decidimos que nesta ocasión cada un de nós levara un título distinto a escoller entre o noso fondo de cómic que é bastante bo. 


Boa selección, non si? 


Related Posts with Thumbnails