lunes, 25 de marzo de 2013

Xornadas Lectura Literaria III - Carlos Negro

O martes 5 de marzo celebráronse no Segrel as III Xornadas de Lectura Literaria organizadas polo CFR de Ferrol. Nesta xornada disfrutamos da presencia de  Carlos Negro e de que xeito, solo hai que ver o título deste encontro. "Praceres Intensos, Praceres Escuros. Poesía e Chocolate"!! 

Nesta ocasión o pracer foi dobre, xa que Begoña, profe de Tecnoloxía e membro do noso grupo da biblioteca e compañeira de Carlos Negro na Universidade foi a encargada de facer os honores. Un emocionante encontro no que os dous lembran aqueles anos na Universidade. 

A presentación comeza co alumnado de 3º e 4º de ESO, os nosos "Xoves Libro", que nos acompañan para salvar a obra de Carlos Negro así que recitan algúns poemas de "Makinaria" mentras son acompañados polos seus compañeiros Sarai ao teclado e Sergio co violín. Logo, Begoña, como non podía ser menos, fai a presentación do "poeta - amigo" Os dous recoñecen a emoción do momento. Quen lles ía dicir naqueles anos...!! 

Begoña comeza facendo unha pequena reseña biográfica para finalmente adentrarnos na súa obra. Carlos agradece a cariñosa presentación e comeza coa lectura de "Frederick: Un rato poeta!" "Porque os libros non existen ata que alguén os abre e os le!" E a partír da ahí... Que é un poema? "Un poema é unha onza de chocolate: pequeno, escuro e o máis bo do mundo" Así que para demostralo…"Chocolate" para todos!! E poesía por un tubo!! Porque "A poesía é un pracer gozoso" "Unha experiencia transformadora" Fala de como achegar a poesía á rapazada... "Hai que ler moita poesía, para coñecela e poder compartila!!" E falamos de poetas de aquí e de acolá... Lupe Gómez Arto, Ajo, Benjamín Prado, Álvaro Cunqueiro, Fran Alonso, Antón Lopo, Andrés Neuman, Kirmen Uribe, Uxío Novoneyra, Samuel L. Paris, Adriana Falcao, Jean-Pierre SimeonMiguel Munárriz, Álvarez Blazquez, Ernesto Cardenal, Roger Wolfe, Rosalía... 

Unha tarde intensa e fermosa na que todos quedamos con gañas de máis... O tempo, que voa!! Pero sacamos un minutos... para as signaturas!! "Makinaria" "Cultivos Transxénicos" "Far-West"... todos levamos os nosos exemplares E, por suposto, asinou no noso "Libro de Ouro"!!!! Rematamos cos agradecementos aos asistentes e sobre todo a Carlos, tan cercano, tan agarimoso... e que nos fixo, unha vez máis, disfrutar do Pracer da Poesía!!

Related Posts with Thumbnails