sábado, 23 de marzo de 2013

Carlos Negro "De Cero a Cen en Tres Poemas"

Para celebrar o mes da Poesía, para nós, todos os días deberían ser e, de feito o son, o Día da Poesía, tivemos entre nós a Carlos Negro que pasou a tarde do martes 5 de Marzo co alumnado de 3º e 4º de ESO.

A rapazada, convertidos en "Xoves Libro", decidiron presentar a este extraordinario poeta, salvando a súa obra e o fixeron recitando tres dos seus poemas; "Roedores de Caucho", "061" e "Rústico Poema" acompañados por Sarai no teclado e Sergio co violín, un dos instrumentos que, últimamente, estase a converter en imprescindible en calquera das actividades que se desenvolven no Segrel...



Tras a presentación falamos de poesía, do que a poesía é para nós; Carlos leunos femosos poemas, e despois pasamos á práctica, escribimos extraordinarias Greguerías, poemas Dadá cheos de humor, fermosos poemas que falaban dos nosos medos... foi unha tarde ben productiva e moi doce "Un poema é unha onza de chocolate: pequeno, escuro e o máis bo do mundo", así que comimos chocolate...pero que nos soubo a pouco así que esperamos repetir axiña, porque nos quedou por falar do son, un dos elementos importantísimos na poesía. Un bo motivo para repetir este encontro antes de que termino o curso, que hai que rematar este extraordinario obradoiro... 


Related Posts with Thumbnails