venres, 1 de febreiro de 2013

Roteiro Plambe-Ferrolterra (XIII) CEIP José Mª Lage

O pasado mércores, 30 de xaneiro, tivo lugar no CEIP José Mª Lage de Ortigueira, a primeira reunión do Plambe-Ferrolterra do 2013. 

Chegamos nunha terrible tarde de tormenta que grazas á calorciña coa que nos recibiu Bea, non podía faltar unha "hippy" no día da Paz, tornouse nunha fantástica tarde Plambeira. O primeiro que fixemos, como é habitual, foi un completo percorrido pola súa fantástica biblioteca chea de ratos lectores. Canto nos gustou a súa CDU nun fermoso baobá, as pombas da Paz, o libro do medo, o Don Quijote, o libro colaborativo, os contos da cestiña, os libros do mundo... e tantos e tantos detalles que fan desta unha biblioteca máxica.

Despois do paseo chegou o traballo. Nesta xuntanza disfrutamos coas fantásticas experiencias levadas a cabo no CEIP Couceiro Freijomil "A prensa na escola" e no CEIP de Andrade "As cores de Galicia". Canto e que ben se traballa nas Bibes Escolares Galegas!

Tras o traballo chegaron o café e as lambonadas, e un pequeno agasallo que sempre deixamos como lembranza do noso paso polas bibes de Ferrolterra, nesta ocasión o fermosísimo álbum de Benjamin Lacombe "El Herbario de las Hadas". Que o disfrutedes tanto como nós na vosa compaña!!

2 comentarios:

Encarna dixo...

Fermosa reportaxe Loly. Grazas. Co teu permiso enlazareina no noso blog da Biblio.

O Segrel do Penedo dixo...

Grazas a vós pola visita e polas fantásticas actividades desenvolvidas arredor da obra de Alejandro Lamas. Canto disfrutamos coa vosa presentación. Parabéns!!
Apertas de mel dende Fene.

Related Posts with Thumbnails