martes, 26 de febrero de 2013

Xornadas de Lectura Literaria I - Emilio Pascual

O pasado xoves comezaron as Xornadas de Lectura Literaria organizadas polo CFR de Ferrol e que baixo o título "Bibliotecas Escolares para Lectores do Século XXI" nos achegan a autores de talla de Emilio Pascual, Eliacer Cansino, Carlos Negro e Paula Carballeira e que se desenvolverán en distintas Bibliotecas Escolares da Comarca. 

O xoves 21 reunímonos na Biblioteca do CEIP Couceiro Freijomil de Pontedeume para disfrutar do encontro con Emilio Pascual. A súa charla levaba por título "Biblotecas, reservas para el invierno del espíritu" e comezou falando da Biblioteca de Alexandría e chegou ata as bibliotecas do século XXI sen esquecer aquela pequena biblioteca escolar dunha escola de maio do 58, "dez anos antes do maio revolucionario", donde unha mestra inesquecible, despois de ter rematados os deberes e ante a pregunta do pequeno Emilio "Y ahora qué hago? ela contestou "Coge un libro y ponte a leer" e vaia que se leeu... 

Durante esa tarde máxica, Emilio Pascual falounos de Bibliotecas:
  • "A Biblioteca Escolar é un ámbito privilexiado para o asombro"
  • "Un novo modo de Biblioteca esixe un novo modo de Educación"
  • "As Bibliotecas son oasis de resistencia"
  • "As Biblotecas son os graneiros do espírito"
De Lectura e de Libros:
  • "O libro como concepto está por enriba do soporte"
  • "Os clásicos son as raíces da nosa cultura"
  • "Debemos ler os clásicos porque permanecen influíndo no imaxinario colectivo" (Plinio)
E, como non, falamos de libros, dos seus "Días de Reyes Magos", "El fantasma anidó bajo el alero", "Apócrifos del libro", de outros autores como "La noche en la que Franikenstein leyó el Quijote" de Santiago Posteguillo, "Los cuadernos de Malte Laurids Brigge" de Rilke, e do último libro que está a ler "El espíritu áspero" de Gonzalo Hidalgo Bayal que nos recomendou encarecidamente.

Todo un placer poder disfrutar da súa palabra, e mentres a tarde transcurría, non podíamos deixar de pensar no noso alumnado, canto tería disfrutado coa súa charla! Algo teremos que facer para que este pequeno soño se faga realidade...


Reportaxe gráfica obra de Xarela e O Segrel

Related Posts with Thumbnails