miércoles, 6 de febrero de 2013

Proxecto Fahrenheit 451 "As Persoas Libro"

Hoxe recibimos no Segrel a Antonio Rodríguez Menéndez o artífice do "Proxecto Fahrenheit 451 (As persoas libro)" Pola mañá celebramos o encontro con parte da rapazada dos clubes de lectura - a folga mermou o número de asistentes á metade - Antonio presentounos o Proxecto e falounos da "Palabra Vinculada" que implica un cambio de actitude ante a lectura. Explicounos a importancia da respiración e da mirada, que dan existencia ao outro, da importancia dos silenzos, de que non debemos esquecer o noso corpo, unha ferramenta fundamental, e por suposto falounos das "Palabras de Chocolate Fundido"... 

Pola tarde o encontro ía dirixido ao grupo de profes encargados da biblioteca. Souponos a pouco, quedamos con ganas de seguir afondando nesta experiencia lectora á que todos nos sentimos xa "vinculados"

Antonio enganchounos a mozos e grandes, é a súa paixón polo que fai e no que cre firmemente e o seu xeito de transmitilo. Nos sentimos parte desta fermosa iniciativa e desta experiencia tan enriquecedora xurdiu o compromiso de poñela en práctica todos os días nos tres primeiros minutos da clase. Estamos moi motivados, así que empezaremos mañá mesmo, veremos que tal nos vai!!


Related Posts with Thumbnails