Podes facelo utilizando esta ferramenta.
É ben doado, so tes que seguir estas instrucións:
- Clica en "clear" para borrar as mensaxes anteriores.
- Arrastra as letras ou os números elixidos da parte baixa á pantaia superior.
- Para borrar unha letra ou un número so tes que volvelo arrastrar á parte baixa.
- Escribe o teu nome ao final para que saibamos quen nos deixa esa mensaxe.
- Unha vez escrita a mensaxe clica en "save"
- Abrirase unha pantaia para que deixes o teu nome e o do teu blog.
- Calquera que entre na páxina verá a túa mensaxe ata que escriban outra.
7 comentarios:
Grazas Sabela. Acabas de inaugurar o noso panel de mensaxes!!
Feliz 2011 tamén para ti e os teus.
Apertas
Grazas Anxos.
Bo Nadal e feliz 2011!!
María e Mik, bo Nadal para vós tamén e Feliz 2011!!
Apertas
BKS para ti tamén Leo, e un 2011 cheo de máxicos coletazos!!
Feliz 2011 Oki, e que non nos falle a "dinámica"...
Grazas Encarna. Que o 2011 traia marabillosos proxectos colaborativos e compartidos ás nosas Bibes!
Apertas dende Fene
Benqueridas Meren e Alexia, son usuarios e usuarias coma vós os que fan posible que academos metas e que ano tras ano os nosos soños se vaian facendo realidade. E neses soños tamén está este premio que é de tod@s nós. Parabéns e un feliz e máxico 2011!!
Publicar un comentario