Efectivamente así é... o noso centro ven de acadar o 2º PREMIO do MEC no CONCURSO NACIONAL DE BUENAS PRÁCTICAS para a dinamización e innovación de Bibliotecas Escolares, dotado con 10.000 euros.
O Equipo da Biblioteca O Segrel do Penedo está moi orgulloso por este recoñecemento que quere dedicar especialmente ao noso alumnado e a todos os membros da comunidade educativa que durante anos teñen participado na mellora da biblioteca escolar e deste xeito na mellora da calidade do ensino público de Fene. Grazas pola vosa dedicación e o voso esforzo.
E nesta ocasión tampouco estamos sós. Somos 8 os centros premiados:
PREMIOS INFANTIL / PRIMARIA
1º PREMIO
· CRA Mestra Clara Torres.Tui (Pontevedra)
2º PREMIO
· CPI Tino Grandio. Guntín (Lugo) · CEIP de Cervo. Cervo (Lugo)
3º PREMIO
· CEIP Os Muíños. Muxía (A Coruña) · CEIP Quintela. Moaña (Pontevedra)
PREMIOS SECUNDARIA
2º PREMIO
· IES de Fene. Fene ( A Coruña) . IES Monterroso.Monterroso (Lugo)
3º PREMIO
· IES Manuel Antonio. Vigo (Pontevedra)
Os nosos parabéns ás comunidades educativas de todos eles e a quen fai posible que as Bibes Galegas sexan un referente nas Bibliotecas Escolares do estado. Grazas Cristina e Pilar!!
28 comentarios:
Parabéns!!! Merecidísimo recoñecemento ao voso traballo. Apertas amigas ;P
Grazas. profe Rosa. Estamos que aínda non o cremos. Haberá que ilo asimilando...
Apertas dende Fene
Noraboa!!!!
Que se entere toa ejpaña, toíata toa!!!
unha apretasa
Sabela.
E dalle, volta coa emosión.... Sniffff.
Polo bo facer das Bibes Galegas!!
Moitos PARABÉNS e moitos bicos desde Vigo: ¡Chin, chin! (isto é o brindis virtual, je je)
MIK
Chin chin hoxe e sempre con quen tanto admiramos... E quen me ía dicir a min que admiraría a un "roedor"!!!!!!
Bicos de mel dende Fene
Noraboa a todo o segrel e en especial á alma do mesmo. Moitos bicos e parabéns, estamos orgullosísimos de vos.
Noraboa!!! Un premio moi, moi merecido.
Un pracer recorrer este camiño xuntas!!!
Biquiños dende Moaña
Está ben... insisto, reitero as miñas felicitacións... Bicos mil.
Parabéns por tan merecido premio.
Parabéns polo premio, e grazas polo voso exemplo, pola vosa ilusión e pola túa paixón, Loly!
Parabéns a toda a comunidade educativa que fai posible todas esas BOAS PRACTICAS.
E un recoñecemento especial (cheo de bicos emocionados) para LOLY.
Grazas, grazas e máis grazas. Tantos e tan bos amigos dándonos os seus parabéns non nos deixan poñer os pés no chan. Seguimos polas nubes!!!!
Parabéns e bicos dende Pontevedra. Entereime hoxe en Santiago. Alégrome infinitamente pero non estou nada sorpendida. Simplemente sabemos que tiña que ser así.
Apertas
charo
Esta si que é boa. Merecidísimo recoñecemento a un traballo ben feito. Felicidades a todo o Segrel pero en especial a Loly.
No Segrel estamos que non estamos e Loly sen palabras "que xa se pode crer!!!"
MOLTES FELICITATS!
Un premio bien merecido.
Estoy muy contenta.
Des de Lleida unha aperta.
Gràcies Montse, sabem que t'alegres amb les alegries de les biblioteques gallegues.
Petóns
Parabéns. Bicos. Apertas. Agasallos. Brindis...
Festa!!!!!!
Loli, estamos a disfrutar este baño de parabéns de tantos e tan bos amigos.
Apertas
Noraboa!!!!
A disfrutar o premio e todas as felicitacións que vos cheguen. Son ben merecidas.
Saúdos veciños dende Cabanas.
Teresa.
Noraboa pola recompensa ao traballo de todos estes anos. Podería seguir participando en tan selecto blog?
Parabéns dende o Rafael Dieste. Marta.
Abraiados por tantas mostras de agarimo. Grazas mil !!!!
Benquerido Toni River, vostede xunto con Aramis, sábeno, son "imprescindibles" no Segrel.
Dende Cervo tamén nos queremos sumar aos parabéns, tardamos un pouco porque pásanos coma vós: aínda estamos abraiados, abrumados...Que o vento nordés vos leve unha aperta de escumas blancas e salgadas!!!
María e todo o profesorado de Cervo
María, non pode haber mellor xeito de celebrar un premio que en tan boa compaña.
Apertas
Non quer pasar a Mica sen felicitarvos por este merecidísimo premio.En especial, refreghadiñas de naris do Rato Gordecho para Loly. Saúdos a quen no voso centro mantén aceso o facho do entusiasmo (toma xa!!!!).Ah! de parte da recadeira da Mica, bicos tamén.
E a pesar dos pesares, este rato gordecho, teimudo como non hai outro, segue a rondar a quen non ten aos "roedores" na lista dos seus "favoritos", que lle imos facer!! Pero como siga así, non sei se non acabarei mudando de parecer...
Bks para Mica e a recadeira e.... bos desexos para el...
Publicar un comentario