venres, 26 de novembro de 2010

Roteiro pola Bibes de Ferrolterra (I) - CEIP de Pazos

O pasado mércores, 24 de novembro, as bibliotecas escolares do Plambe Ferrolterra, celebramos a nosa habitual reunión mensual dun xeito ben especial. Comezamos o noso Roteiro Bibliotecario pola Biblioteca Xoán Farias do CEIP de Pazos, pero nesta ocasión ampliamos o grupo de amig@s e Chispa, a mascota da Biblioteca, fixo extensible a invitación a todas as bibliotecas escolares, Plambeiras ou non, desta zona. Magnífica idea, non si?

Nesta xuntanza compartimos proxectos, intercambiamos ideas... que xa volas explicaremos máis polo miúdo segundo se vaian plasmando, pero o máis importante de todo foi a ilusión e as gañas de levar a bo porto esta nova "andaina bibliotecaria".

E claro, como non podeía ser menos, velaí tedes a reportaxe gráfica do acontecido. Non farei máis comentarios ao respecto, as fotos falan por si soas -dunha fermosísima biblioteca moi viva - e os pés de foto... para non deixar de lelos!!


O noso agradecemento a Rosana, Profe Rosa, Feli, e por suposto a Chispa, unhas magníficas anfitrionas que nos agasallaron cunhas preciosísimas chapas da súa marabillosa biblioteca, verdadeiro referente das Bibliotecas Escolares.

Parabéns mozas, puxéchedes o listón ben alto, veremos como conseguimos estar á altura....?

5 comentarios:

Chispa dixo...

Mmmmmm...! Que dicir? Que grazas por esa tarde. Foi unha satisfacción para nós recibir a tanta xente amiga. Esta visita aporta renovadas ilusións para seguir na Biblio e tratar de mellorar todo o que sabemos que hai que mellorar.
Que se vaia repetindo a experiencia, pero pouco a pouco, que as pastas hai que dixerilas con coidado.
Apertas agarimosas e un bico grande, grande.
Vémonos moi axiña.

profe Rosa dixo...

Grazas sen dudalo a todos vos por vir á nosa casa. Visitas tan agradables como estas non se teñen todos os días!!!
Espero que todas as ideas que xurdiron na nosa Biblioteca, deixen de ser soños e se convertan en fermosas realidades ben axiña para compartir entre todos. Pois entre libros é onde todo é posible... Apertas!!!

Encarna dixo...

Fermosa reportaxe!!!
A "Foto Loly" non se lle escapa nin un detalle.
Que alto nos deixaron o listón esas profas do cole de Pazos. Que tarde máis agradable . Grazas a tanta xente con tanta "CHISPA".
Bicosssssss...

Antonio Martínez dixo...

Realmente semella unha biblioteca, unhas bibliotecarias e uns/unhas visitantes do máis interesados. Parabéns pola biblio, pola biblioteca e polo interese. Parece que Ferrolterra vai camiñando.

O Segrel do Penedo dixo...

Chispa, todo estaba bo, ata as pastas.... Parabéns!!
Profe Rosa, foi un pracer poñer cara a quen seguimos dende hai tempo...
Raioteca, foto Loly, nesta ocasión estivo acompañada por alguén que se está a esgochar, pero que fixo que a reportaxe se multiplicara...
Toño, Ferrolterra camiña dende hai tempo, pero cada día con máis biblaiotecas formando parte deste proxecto común.
Bicos @s catro!!

Related Posts with Thumbnails