venres, 19 de novembro de 2010

Homenaxe a Miguel Hernández

No centenario de Miguel Hernández, o departamento de Lingua Castelá e a Biblioteca Escolar organizamos a nosa particular homenaxe a tan extraordinario poeta.

O venres día 29 de outubro dedicamos case toda a mañá ao visionado do documental "Miguel Hernández el poeta del pueblo" e á lectura dalgún dos seus poemas. Lectura realizada polo alumnado de ESO acompañado por Sarai ao piano, Andrea coa viola e Serafín co acordeón. Foi unha xornada ben fermosa...

Alumnado que dedicara algunhas das súas clases a afondar sobre a vida e obra de Miguel Hernández, clases nas que elixiron canda seu poema e que posteriormente ilustraron. Como podedes comprobar, nestes grupos hai moit@s artis@s.







En 1º, algúns deles tamén elaboraron un cartaz multimedia utilizando unha ferramenta moi intuitiva, e que lles gusta moito, como é Glogster .
Velaí tedes algúns deles...


Joel Mirad

Juan Ramón Vázquez

Sarai Pico Suárez

Andrea Fornos Seco


Carlos Aguado



Noelia Freire


Andrea Goti

Raquel Varela

4 comentarios:

Encarna dixo...

Parabéns!!!
Ese alumnado promete...

Antonio Martínez dixo...

Como traballan algúns docentes...

Antonio Martínez dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
O Segrel do Penedo dixo...

O alumnado promete moitísimo, veremos que non se cumpla o que Sir Ken Robinson comenta neste vídeo... As escolas matan a creatividade así que "nós" deberemos traballar para que así sexa...

Related Posts with Thumbnails