Durante os días 28, 29 e 30 de maio, un grupo de responsables de bibliotecas escolares galegas (Biblioafonso, Milladoiro, Paseo das Pontes e O Segrel) asistimos en Salamanca ás 17ª Xornadas de Bibliotecas infantis, xuvenís e escolares organizadas pola FGSR baixo o lema "Lecturas na rede e redes en torno á lectura".
A inauguración correu a cargo de Jordi Adell. "Novos medios para comprender o mundo". Falounos do impacto das novas tecnoloxías nas novas xeracións, do concepto de "prosumidor", do aproveitamento da intelixencia colectiva a través da arquitectura da participación... Canto disfrutamos da súa conferencia!!
Pola tarde, tanto xoves como venres asistimos ao "Taller web 2.0" a cargo de Ángel García, membro do CITA e que fixo un percorrido polas distintas ferramentas que a web 2.0 pon ao noso dispor.
O venres comezou a xornada con Jane Kunze, bibliotecaria da área infantil da Aarthus Public Librazy (Dinamarca) que nos achegou a magnífica experiencia que están a levar a cabo xunto coas familias.
"Parents are the main reason why children go to the library!!"
Tras dela Kari Lämsä, director da Library 10 de Helsinki (Finlandia), amosounos a experiencia que se está a desenvolver nesta moderna biblioteca musical situada no centro da capital finesa.
"When other libraries staff is making plans we are making mistakes!!"
O sábado as intervencións correron a cargo de Roser Lozano, directora da Biblioteca Pública de Tarragona e de Juan Mata, profesor titular do Departamento de Didáctica da lingua e literatura da Universidade de Granada.
Juan Mata a través da súa conferencia "Bibliotecas, clubes, redes e outras fraternidades" transmitiunos dun xeito emocionante o seu optimismo e a súa paixón pola lectura.
Juan Mata a través da súa conferencia "Bibliotecas, clubes, redes e outras fraternidades" transmitiunos dun xeito emocionante o seu optimismo e a súa paixón pola lectura.
"Los jóvenes son las víctimas de nuestros miedos"
"Los jóvenes, si los educamos bien, pueden leerlo todo!"
Falounos da lectura como oportunidade de reflexión; dos pais, as familias, as aulas, as bibliotecas, as amizades... como os distintos nús que ben entretexidos son os que forman ao lector; do importantísimo papel do mediador...
Un verdadeiro placer escoitalo e un inmellorable remate das xornadas.
Un verdadeiro placer escoitalo e un inmellorable remate das xornadas.
O venres á noite cena de confraternidade en "Las Caballerizas". Alí coñecimos a Mª José e a Teresa de Asturias; a Francisca e Antonia de Baleares; a Amalia de Cataluña; Ana Isabel de Navarra; a Luismi e a Rafael Muñóz da FGSR... que pena que esta reunión non a tiveran organizado o primeiro día.
E nesta apretada axenda tamén fixemos un oco para poder admirar a magnífica exposición sobre Alphonse Mucha no Museo da Casa Lis. A primeira vez que disfrutamos da súa obra foi en Praga esta vez en Salamanca. Unha marabillosa sorpresa para completar unha viaxe fantástica en compañía dos amigos.
E nesta apretada axenda tamén fixemos un oco para poder admirar a magnífica exposición sobre Alphonse Mucha no Museo da Casa Lis. A primeira vez que disfrutamos da súa obra foi en Praga esta vez en Salamanca. Unha marabillosa sorpresa para completar unha viaxe fantástica en compañía dos amigos.
Hoxe, un deses amigos de verdade, dos que fan certo o refrán que di "Quen ten un amigo ten un tesouro", agasállanos cunha entrada "Claud Monet: Papoulas" no seu magnífico blog de aula, logo dun camiño de volta a casa no que puidemos disfrutar da marabilla que supón ver os campos de castela adornados con fermosísimas papoulas, a nosa flor favorita. Que máis se pode pedir?
5 comentarios:
Cachis na mar: xa sabedes máis latín ca Catón o Vello.
Pois, como xa está todo tan ben contao, só terei que facer un enlace. Grazas, compa!!!
Beni, nestas xornadas puidemos comprobar onde está o listón das Bibliotecas Escolares Galegas... IMPRESIONANTE!!
Olga, foi un pracer disfrutar das Xornadas en tan boa compañía.
Pois eu, que voi ei contar: caló, moita caló, e cen persoas falando da web 2.0 (a que lle pode interesar?)
Ahhhhhhh... e grazas ao Segrel por iso que xa sabe...
Grazas? Que se supón que é iso que eu debería saber? Non te estarás a referir á "outra"?
Publicar un comentario