martes, 23 de junio de 2009

Festival Fin de Curso !!


Hoxe, como estes últimos cursos -xa vos comentamos que dende que Bárbara, a profe de música, chegou ao noso centro, os finais de curso son de gran festa- profes e alumnado celebramos que o curso chegou ao fin, ou o principio das vacacións, como prefirades...

Nesta ocasión comezamos ás 10.30, despois do primeiro recreo, e rematamos ás 14.00, cun programa ben completo ao que podedes botarlle unha ollada. Non me digades que non hai música para todos os gustos, eh?

O alumnado da ESO demostrou os seus progresos ao longo do curso. Que ben o fixeron! Pero os profes, como comprobaredes nuns días no canal You Tube de O Segrel, tampouco o fixemos nada mal. Como se entere algún caza talentos veredes onde acaba máis dun, ou dunha!!

Velaí vos deixo unha pequena mostra do que aconteceu hoxe no noso salón de actos...


Se queredes ver máis fotos, entrade no noso Álbum

E nuns días, como xa vos comentei, teredes máis en Radio Barullo e no Canal You Tube de O Segrel.

2 comentarios:

Begoña dijo...

Pero que ben o pasamos todos!
E é que cando nos poñen un micro diante transformámonos.
Grazas Bárbara pola túa paciencia

Loly dijo...

E tanto que nos transformamos. Este anos ata chegamos a cantar sen ensaio previo. Algunhas sonche ben osadas!!

Begoña, o ano que ven -se non acabamos coa paciencia de Bárbara- máis e moito mellor!!

Related Posts with Thumbnails