martes, 7 de abril de 2009

Vaia co Gatiño!!

Este é un pequeno agasallo para todos e todas vós, pero especialmente para o noso benquerido Capitán K, por ser el quen sempre nos achega estes xogos, que mesmo ás veces seique nos quer tolear, e por suposto para O Rato Mik. Vexamos como se lle da ao noso "amigo" isto de perseguir ao gato...

O xogo consiste en non deixar fuxir ao gatiño. O micho non pode pisar as bolas escuras así que vós o que tedes que facer é clicar nas clariñas que se tornarán escuras ao momento.

Pero como todo, isto tamén se aprende practicando, así que picade no debuxo e... A xogar!!!

Por certo, sabedes como atopei ao micho??? Nin o imaxinades!!

Xa volo dicía eu, nin máis nin menos que mirando dende onde viña o agasallo "Maneiro"


8 comentarios:

Mik dixo...

Pois recollo o guante pero que saibas que a min non hai gato que se me resista, que teño moita práctica e levo encerrado moitos gatos (vanme adicar unha rúa en Vilaratonia)
http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=58030

O Segrel do Penedo dixo...

Benquerido Mik, eu fun quen de rodear o gatiño e teño probas. Agora só queda por ver se ti tamén o podes facer e así demostrar que a afirmación que aquí fas é certa... (jejeje)

Mik dixo...

Vale, vale, que non se diga que son un gato-galiña... alá voooooouuuu!!!

Mik dixo...

quero dicir... rato-galiña (os nervos, xa se sabe...)

Mik dixo...

Bueno, xa estou aquí! Xa teño catro gatos no saco (claro que me escaparon algúns, mágoa de ratos!!) Como chos mando? Non teño testemuñas que dean fe da fazaña...

Loly dixo...

Estou pensando que eses gatos que tes no saco poderías mandarllos a Xarela, boa amiga de ratos e mininos¡¡!! Vale, eu tampouco o entendo, pero así é ela... En canto ás testemuñas, e aínda que a min os ratos... que queres que che diga!! Fiareime da túa palabra e diremos iso de "Mik, proba superada!!"

Antonio Martínez dixo...

Ese gato é un ca.... Tardei un montón en pillalo. Xa o teño pechado e non penso volver xogar.

Loly dixo...

É un que??? Ah, xa sei, querías dicir que é un "cat", un verdadeiro "english cat", que non perde as formas cando o pillas, non fai coma nós cando el consigue fuxir, non si?

Related Posts with Thumbnails