Isto é impresionante, non ben acabamos de agradecer un fermoso agasallo cando xa estamos a recibir o segundo!!!
Nesta ocasión é o Selo Violeta que nos chega dende o Blog da Biblioteca Milladoiro de Malpica, un blog amigo cheo de maxia e encantamento a quen lle agradecemos dende aquí esta marabillosa distinción.
O Selo Violeta ven de Blogstórias Essenciais e segundo os seus creadores "O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".
- Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
- Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
- Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso!
- Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.
Para nós son Blogs Violeta:
A Nosa Biblioteca
BiblioAfonso
Sacapenas para Gaza
Arte Chachi
Castro de Baronceli
Curso 6º de Quintela
Cousas das nenas e nenos de Vide
Biblioteca Brea Segade
5º e 6º Milladoiro
Unha Biblioteca chea de Tesouros
E se temos que escoller un par de poderes máxicos... Hummm, realmente complicado, pero quedaríamonos con A maxia da Fada Madriña de Cincenta (que xa somos madriñas e seique nos falta ese pequeno detalle!!) e por suposto con A maxia da mirada dos máis pequechos, que para nós e moi, pero que moi poderosa!!
5º e 6º Milladoiro
Unha Biblioteca chea de Tesouros
E se temos que escoller un par de poderes máxicos... Hummm, realmente complicado, pero quedaríamonos con A maxia da Fada Madriña de Cincenta (que xa somos madriñas e seique nos falta ese pequeno detalle!!) e por suposto con A maxia da mirada dos máis pequechos, que para nós e moi, pero que moi poderosa!!
3 comentarios:
Dende Bibliobelesar vos mandamos o Selo violeta, porque encántanos o voso blog. Noraboa!!!
Dende o CEIP A Rúa queremos agradecervos de todo corazón o voso agasallo. Nós non temos costume de envialos pero recoñecemos o traballo ben feito e o voso blog é para nós un exemplo a seguir, de verdade.
Un biquiño dende Cangas
Graciñas a vós tamén polo voso apoio e o voso magnífico traballo.
Apertas dende Fene
Publicar un comentario