Kurt Kobain, cantante, guitarrista, compositor e lider de Nirvana, morto fixo 15 anos o día 5 de abril, e Mari Trini, falecida o pasado martes, día 7, estarán esta semana nos Nosos Venres Musicais.
As diferencias entre eles son obvias, nin por nacionalidade, nin por estilo musical, nin pola súa vida e moito menos pola súa morte, hai semellanzas entre estas dúas personalidades, pero o azar quixo que esta semana, e case coincidindo no mesmo día, lembrásemos a tráxica e aínda non esclarecida morte de Kurt Kobain e nos conmovéramos coa noticia da morte de Mari Trini.
Non deixedes de escoitalos, seguro que disfrutaredes coa súa música!!
6 comentarios:
Un grande kurt C"oB"ain.
Perdón por tremendo despiste, pero como podes comprobar, e grazas ao teu "comentario" o erro xa está corrixido.
Enjoy your holidays!!
Xa que estamos,aquí outro"komentario".
E noraboa por eses premios
Por certo,non hai quen pille ó maldito gato.
Alioth, non o podo crer!!!
Non me digas que non es quen de "rodear" a este "lindo gatito"!!
En fin, e sen que sirva de precedente... dareiche unha pista. (Se queres pillalo intenta facelo dende lonxe, nas distancias curtas non hai quen o consiga)
Curiosa mestura, sen dúbida. Recoñezo que o meu oído está máis afeito ao grunge que á música de Mari Trini pero, como acostumo a dicir: sempre hai que ser aberto de orellas!
Unha aperta
O tempo, querido Anxinho, é o único que pode facer estas mesturas tan "curiosas" sen provocar maiores consecuencias...
Apertas
Publicar un comentario