Nos seus comezos foi batería dos grupos Smockey Robinson e The Miracles. Conseguiu moitos éxitos para a Motown nos anos 60 tanto
A morte de Tammi, a súa gran musa, marcouno para sempre, e tras unha depresión xurdiu cun estilo moi personal que cambiou a historia do soul e deu lugar a un dos mellores momentos da música do século XX.
De aí saiu “What's Going On”, un álbum no que fusionou o soul con elementos do jazz e da música clásica, sobre a vida, o medio ambiente, a guerra do Vietnam e a supervivencia nos suburbios. Álbum unánimemente considerado como un dos mellores discos de soul da historia e que pronto se convertiría no seu maior éxito.
Máis en:
El País
El Mundo
Agradecemos ao noso AMIGO as súas magníficas suxestións para Os Nosos Venres Musicais, de seguir así haberá que incluilo en nómina...
3 comentarios:
Que seriamos sen as/os amigo/as?
O venres sempre visito a vosa entrada musical porque son moi interesantes, e hoxe, BINGO!!!
Marven Gaye un dos meus cantantes favoritos. Fantásticas cancións.
Saúdos.
Encarna.
Eu non concibo a vida sen amigos, sen familia, sen música, sen lecturas... en fin, que che vou contar benquerido AMIGO que ti non saibas!!
Encarna alégrame moitísimo saber que coincidimos tamén en algún dos nosos gustos musicais.
Publicar un comentario