A través da Bitácora de Anibal de la Torre atopo este vídeo no que tres mozas e un mozo de 1º de bacharelato do IES Valsequillo (Gran Canaria) contan a súa experiencia de aprendizaxe por proxectos integrados na materia de matemáticas de 4º de ESO impartida polo profesor Carlos Morales Socorro.
Unha experiencia da que nos falan en termos de aprender a aprender, autonomía na aprendizaxe, aprendizaxes significativas, motivación, diversidade de métodos para acadar un mesmo obxectivo, visión global dos problemas, tratamento da información, desenvolvemento das CCBB...
Explican as distintas ferramentas das que dispuxeron, foros, wikis... e a plataforma Moodle como soporte dese cambio metodolóxico.
Comentan tamén, que aínda que ao principio foi en ocasións agobiante logo da práctica todo resultou moito mellor, utilizando expresións como "matemáticas divertidas" (cantos dos nosos alumnos e alumnas utilizarían ese calificativo para describir as nosas materias/metodoloxías??) e algo que penso é fundamental, chegaron a descubir que "As matemáticas están en todas partes"
Ata cando pensamos seguir negando a evidencia???
Deixovos tamén un interesante documento sobre Competencia Dixital elaborado por Boris Mir e que chegamos a el vía Educación Tecnológica
2 comentarios:
Iso digo eu: ata cando seguiremos negando a evidencia!!!! (está claro que cada un tira para o seu..hehehe)
Apertas
Ti vai convencendo ao teu alumnado de que as mates están en todas partes, que son divertidas... e deixate de evidencias!! (jejeje)
Apertas
Publicar un comentario