De volta dos Encontros do Plambe o primeiro que nos ven á cabeza e darlle os parabéns a Cristina e Pilar por unha organización, como ven sendo habitual, perfecta.
Nós, como somos do primeiro Plambe, só estivemos o venres -canto botamos en falta a noite de charlas, risas... o tempo para falar cos amigos e coñecer á xente nova, para disfrutar vendo os materiais expostos... - pero o que non pode ser, non pode ser e ademais é imposible!!
Os poñentes de primeira, como sempre tamén.
A xornada comezou con Felipe Zayas "Ler e escribir na Rede: novos obxectivos do alfabetismo" falounos da competencia comunicativa e as TICs.
A xornada comezou con Felipe Zayas "Ler e escribir na Rede: novos obxectivos do alfabetismo" falounos da competencia comunicativa e as TICs.
A nós gustounos especialmente a charla de Glória Durban -a quen admiramos e seguimos dende hai moito tempo e cuxos materiais son imprescindibles para nós- e con quen tivemos unha agradable conversa durante a comida. Glória falou de "A biblioteca escolar e o desenvolvemento da competencia informacional"
"A biblioteca escolar útil ten que ser visualizada na escola e no instituto como un entorno de aprendizaxe e lectura con recursos para a realización de intervencións didácticas e a consecución do curriculum"
"Hai que convencer ao claustro das posibilidades da biblioteca como entorno de aprendizaxe"
E que dicir de Emilio Pascual. Non podería haber mellor xeito de clausurar estes Encontros! Impresionounos e agradecimos fondamente -especialmente nestes momentos- "A lectura dos outros" unha valente defensa da lectura. Esperamos poder dispor do texto completo da conferencia para colgalo en O Segrel e que podades disfrutalo vós tamén. Non vos perdades o magnífico artigo de Mesturas "De cangarexos e Doutrinas do Shock"
Música vía Magnatune con lecenza CC
4 comentarios:
Grazas pola reportaxe. Foi, como sempre, un pracer compartir coa bibliotecaria do Segrel unha xornada intensa, fermosa e reflexiva.
Que envexaaaa!! Menos mal que puiden disfrutar da conferencia de Gloria Durban vía blog da Asesoría e agora lendo as vosas crónicas fágome a idea de ter estado alí. Graciñas!
Como sempre, unha reportaxe estupenda.
Coincido contigo: botouse de menos non estar todos os dous días, faltou tempo para falar cos compañeiros.
Unha xornada tan intensa que só dou tempo para un par de bicos ás amizades de sempre -NON A TODAS, BOTAMOS EN FALTA ALGUNHAS- e pouco máis...
Encantounos coñecer a Mar de A Baña -coa que mantemos unha relación estupenda a través dos clubs de lectura- a Adelaida de Belesar, e buscamos ao rato Mik, pero seique non estaba... Haberá que facer algo, organizar unha Xuntanza na que non falte ninguén!!
Publicar un comentario