A semana pasada visitei o Parque Nacional de Tanjung Puting en Indonesia. Unha experiencia inesquecible da que non podo ensinar fotos por cuestións do copyright da beca. O que podo facer é recomendarvos o libro “Los pensadores de la jungla” de Willie Smits. É unha obra interesante porque nos presenta a situación dos orangutáns, do seu hábitat e as consecuencias que están a padecer por mor dos cultivos para biocombustibles e do cambio climático.
Do cambio climático tamén trataba unha exposición do CEIDA que houbo no noso IES organizada polos compañeiros da Axenda 21 escolar de Galicia. Acabo de ver no correo as fotos (thanks, Loly). Debeu estar moi ben.
O caso é que ando por estas terras distantes. Aínda que unha vez aquí máis ben parecen o centro do mundo e que quen está lonxe somos nós. Ao que ía: que pola mañá faláronme de Jimmy Liao, un escritor e ilustrador taiwanés, bastante coñecido por esta parte do planeta e ao que lle levaron ao cine un dos seus contos hai uns anos.
Gustouvos? Espero que si. Se todo vai ben, dentro dun par de semanas escríbovos desde Xapón.
Sayonara, babies!
3 comentarios:
Se por andar viaxando fas entradas tan boas coma esta, non volvas baby.
Parabéns.
Compañeiro, seique lle estás a sacar proveito á beca!! Espero que a crónica dende Xapón estea a altura desta, aínda que non sei se non te poñerías o listón moi alto... Sobre a exposición do CEIDA podes preguntarlle ao teu "colega" Antonio que como podes comprobar polas fotos traballouna e ben co seu alumnado, e non foi o único...
Apertas e a seguir "formándote"
Grazas, compañeiros. Non sabedes a última: acabo de mercar un miniportátil por uns 80€. Por aquí están tirados de prezo!!! Agora estou nunha zona wifi do Taipei 101. Impresionante!!!
Publicar un comentario