Hoxe queremos presentarvos Apture, unha ferramenta fantástica que descubrimos, como tantas outras, no blog de Ángel Puente.
Apture permite engadir en cada artigo do noso blog unha multitude de recursos multimedia que se poden ver sen necesidade de abrir novas ventás ou pestanas que ás veces complican unha miaxiña a lectura dos posts.
Para comezar, un vídeo dunha marabillosa canción "Fallen" cantada a dúo por Randy Crawford e Soledad -Presuntos Implicados
Pero tamén podemos engadir documentos en pdf, artigos da wikipedia, presentacións, arquivos de son, fotografías, mapas, slideshow... vamos, que non queda nada que non se poda enlazar, así que vexamos algúns exemplos utilizando algúns dos artigos dos blogs das Bibes Galegas, que mellor, non si?.
Un impactante vídeo "The cost of living" que nos chegou a través de ANB
Arte e Cine dende Iniciarte
"A Web Social en un Club de Lectura" por Catuxa Seoane
Un fermosísimo poema, "Hagamos un trato" dun dos meus autores favoritos, Mario Benedetti
O Programa dos Encontros do Plambe 08/09 dende Bibliotecas Escolares
Unha fotografía de recordo do III Encontro Edublogs en Santiago
Santiago de Compostela en Google Maps
Que vos parece?
Animádevos, só tedes que rexistravos e ben pouco máis.
domingo, 5 de abril de 2009
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Estupendo. Prometo aprender a usalo!
Desde logo, facilita moitísimo a navegación. Grazas, compa.
Como sigas amosando tantas novidade téncia, O Mago vaise enfadar.
Encántame!!
Pasa polo noso blog. Hai un agasallo para vós. Esperamos que vos guste. Unha aperta
http://titamencontas.blogspot.com/
Encántame que vos guste, pero querido Toño o Mago non se pode enfadar con quen o único que fai e poñer en práctica as súas ensinanzas... É o que ten ter bos mestres!!!
Bicos para os tres.
Publicar un comentario