martes, 30 de decembro de 2008

O Noso 2008 en Imaxes !!!

E como íamos rematar o ano sen facer memoria de todo o que nos ten acontecido?

Que non foi pouco... O que deron de si estes meses!!

Deixámosvos algunhas imaxes do que supuxo para nós este ano.


Un ano de moito traballo, de moitos proxectos, de moitas ilusións, dalgún soño cumplido e de moitos por cumplir.

Un ano no que aprendemos moitísimo e no que somos conscientes de todo o que nos queda por aprender.

Un ano no que fixemos novas amizades e no que os amigos de sempre non deixaron de estar aí.

Un ano que tanto temos que agradecer a tantos amigos e compañeiros que fixeron que a nosa andaina fora sempre moito máis doada e estivera chea de ledicia.

Grazas a todas e todos por axudar a que este, o noso traballo, continue a ser unha das nosas paixóns!!

3 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Non haberá fotos de máis?
Seguro que todo iso acontonceu non só ano?
Se é certo, Parabéns supercurranta.

Ronsel dixo...

Que o novo ano sexa igual de fructífero para unha biblioteca e unha bibliotecaria incansanbles. Saúdos

Encarna dixo...

Que todos eses soños que quedan por cumplir se fagan realidade no novo ano. Parabéns por todo ese estupendo traballo e moitas grazas polo apoio que sempre recibimos dende o Segrel.
Moitos bicos. Feliz ano!!!!!!!!!!
Encarna F.

Related Posts with Thumbnails