3, 4 e 5 de Xullo
Facultade de CC da Educación da USC
Deíxovos aquí o programa, para que lle botedes unha ollada...
Vémonos alí !!!!
Blog da Biblioteca do IES de Fene
Hoxe, os responsables de 104 clubs de lectura creados noutros tantos centros públicos de Galicia, tivemos a oportunidade de xuntarnos na EGAP, en Santiago, para disfrutar dunha xornada dedicada a falar das nosas experiencias de lecturas compartidas con distintos membros da nosa comunidade."Un club de lectura é unha experiencia para compartir, un estímulo para a sociabilidade"

O encargado de pechala foi Pep Bruno escritor e contacontos que nos enganchou cos seus contos e as súas suxestións de lectura.
Toda unha experiencia de lecturas compartidas, de propostas de distintas actividades, e de bo facer a cargo dos fantásticos profesionais que se atopan nas nosas Bibliotecas Escolares Galegas.
Canto por aprender, canto por facer... pero estamos no bo camiño!!
Parabéns ás organizadoras.
Entra no noso club e disfruta dalgúns deses momentos de Lectura Compartida.
Chegou o día 17, data sinalada para a visita ao IES Río Cabe de Monforte, e os GBI partimos á nosa cita.
bre todo moitas risas marchamos para o cole.
Amplo e luminoso espazo, cun precioso e colorista recuncho para a lectura informal, máis para “calificar” parte do seu mobiliario utilizaremos as palabras das “dinamizadoras” desta biblioteca escolar “mesas e cadeiras de estilo Racionalista” (no comment!!)
equipo de profesionais que xunto a elas fan desta unha das bibliotecas escolares galegas máis activa e dinámica e que non fai máis que confirmar un dos nosos lemas “As bibliotecas reflicten a alma das persoas que están ao seu fronte”
E con este pechamos os nosos Roteiros por este curso. Ídevos preparando que o vindeiro haberá máis!!!
Outros Roteiros
CEIP Milladoiro-Malpica
CEIP José Cornide (A Coruña)
IES Uxío Novoneyra (A Coruña)
IES de Arzúa
IES Alexandre Bóveda (Vigo)
Tamén nos outros GBI Blogues
A Nosa Biblioteca
Biblioafonso
Como xa vos explicamos no post anterior, o pasado luns disfrutamos da visita de Fran Alonso.
Velai vai algúns momentos dese encontro tan especial entre rapaces, pais, nais e profes non só co autor e a súa obra senón un encontro cos libros, a lectura e a vida.
Entrade no noso Canal You Tube de Radio Barullo e poderedes disfrutar de tres deses momentos:
Como xurdiu “Cartas de Amor”
O momento en que Fran nos conta “Un dos seus Proxectos de Futuro”
Algunha das nosas “Experiencias de Lectura Compartida”
Hoxe foi un día especial para os membros dos clubs de lectura de "O Segrel". Celebramos a última reunión de ambos os dous clubs dun xeito diferente. 
Todos os que alí estabamos disfrutamos da súa palabra, da súa verba doce e amiga... E chegaron as 18.40 sin dármonos conta, e houbo que "animar" aos máis novos a marchar se non querían perder o autobús. Estaban encantados con todo o que Fran contaba, coas explicacións ás súas moitas preguntas (e pensar que crimos que non se ían atrever a falar!!). 
Chegamos ao cole co noso premio.


Blogueiros cos que falamos das nosas Bibliotecas Escolares Galegas.
A cidade recibiunos cun tempo marabilloso co que, despois de instalármonos no hotel, decidimos ir a dar un paseo.
Estivemos polas Ramblas, Paseo de Gracia, Praza de Cataluña… trala comida acercámonos ata

O venres á tardiña fomos ao Mercado da Boquería e xa pola noite non nos resistimos a deixar de admirar o porto á luz da lúa e a dar outro paseo polas Ramblas. Que marabilla!!
O sábado, ao remate das Xornadas, e despois dun fantástico café que durou un par de horas (as cousas ben feitas disque levan o seu tempo, non si?) na mellor compañía que poidéramos ter (Pedro, Victor, Joan, Manuel, Xavier, Toni, Irene, Isidro, Charo, …Grazas a todos por facer posible que a nosa visita a Barcelona sexa inesquecible) decidimos recorrer o barrio Gótico. O Palau da Música, a Catedral... perdémonos pola Barcelona máis marabillosa, atrainte e fascinante.
Volvemos ao Hotel unha miaxiña cansas, pero a pesar de todo erguémonos cedo e despedímonos desta marabillosa cidade cunha visita a A Sagrada Familia.
O tempo, xa sabedes, o tempo é o que sempre nos falta, e nesta ocasión non podía ser menos... facturamos cando o carteliño luminoso dicía “last minute”. Si, no último minuto, pero a tempo.
Ata sempre Barcelona, ata sempre amig@s Blogueir@s!!!
Vémonos en Santiago.
Os III Encontros Edublogs o 3, 4 e 5 de xullo espérannos!!!
Nota: Para comezar coa crónica non está nada mal, non?. Mañá contarémosvos as Xornadas...
Nota: Nesta ocasión, experimentamos co Slideboom para subir a presentación ao blogue e quedou bastante ben, non si?
Actualización (8/06/08): Recén chegadas de Barcelona o primeiro que facemos e arranxar a presentación. Alá, xa nos comentou Montse que non se podía ver. Seique as "fadas blogosféricas" non permitiron que aparecera antes que nós voltáramos coa "Baldufa"... Así que aquí a tedes de novo, esperemos que desta vez vaia!!

