A buxaina foi moi ben recibida, os rapaces e rapazas estaban moi contentos co premio e de feito acabaron fotografiándose con el.
Explicámoslles como fora a nosa visita a Barcelona, o ben que alí o pasamos e o que lles contamos sobre o noso blogue e sobre as Bibliotecas Escolares Galegas.
Dixémoslles que tamén falamos deles, do noso alumnado, os principais protagonistas desta historia. Eles, o principal motor desta fantástica experiencia do uso das ferramentas que a Web 2.0 pone á nosa disposición.
E para rematar ben esa celebración saímos ao patio a xogar un partido de fútbol.
O luns, á volta de Barcelona, a clase cos rapaces e rapazas de 1º de ESO foi diferente. Unha clase especial para celebrar un día especial
Parabéns rapaces, as cousas ben feitas sempre obteñen a súa recompensa.
Se queredes ver o vídeo da nosa presentación, entrade en Radio Barullo
3 comentarios:
y lo bonita que queda en la biblioteca? ;o)
un saludo, Sira.
Parabéns rapazas e rapaces.
E a profesora non xogou ao fútbol?
A Buxaina queda ben en calquera lugar. É preciosa!
A verdade é que os rapaces e rapazas animárona moitísimo, pero ti ves á profe xogando ao fútbol con taconazo de 7 centímetros...?
Publicar un comentario