Así é, tivo que chegar ela, Mª José Sánchez (para nós María), unha profesional fantástica, con ilusión, ideas e ganas de poñelas en práctica que só leva connosco tres meses, pero que enganchou aos rapaces e rapazas dende o primeiro día, que está levando un dos clubs de lectura, e a algúns de nós amosounos o fantástico mundo dos Cómics dun xeito extraordinario.
Da súa man coñecemos a Blacksad, El Escorpión, Maus, Lucille, Watchmen, Capitán Patapalo, Paracuellos, Thorcal, Paul, Persépolis (símbolo da loita contra as inxustizas e as barbaries do integrismo islámico) e a moitísimos máis. Todos eles, dende hoxe, na nosa biblioteca. Pero non remata aí a súa implicación e traballo na nosa biblio, a partir do vindeiro luns, unha exposición e unha presentación de todas estas novidades. Se pode pedir máis?
Grazas a María e ao seu "anxo"!!
Enlace á guía do comic e ás suxestións de lectura en "O Noso Faiado"
2 comentarios:
Grazas por compartir con todos o voso magnífico traballo. Coma sempre, continuades a ser a referencia das bibliotecas escolares. Parabéns
Dende logo hoxe somos todos audiovisuais maiores e pequenos, e o mundo do comic ten muito que ofrecer ós xóvenes e a literatura.
Dende o IES Escolas Proval de Nigrán un saúdo, aula de informática de 3º e 4º ESO
Publicar un comentario