sábado, 26 de mayo de 2007

Fermosa Coincidencia

Unha das actividades de fomento da lectura que xa levamos realizando dende hai moitos anos é “A Frase da Semana. Esta semana decidimos poñer unha frase de Alejandra Pizarnik e deste xeito poder acercala ao noso alumnado.

Alejandra Pizarnik, unha muller de cuxa poesía Ana María Fagundo dixo que “sobresaía pola intensidade expresiva, pola forza dos versos, pola desnudez punzante do seu dicir. Sen dúbida, atopábame ante unha muller á que lle doía fondamente o vivir”; á que César Aira calificou como “unha poeta na que culminou unha tradición e coa que se pechou hermeticamente e para sempre, un mundo” e da que Antonio Requeni dixo que «A pesar dalgunhas aproximacións a grupos poéticos de vangarda, era unha illa solitaria no noso ambiente literario, unha personalidade aparentemente desprendida do seu contorno social, só atenta aos propios ecos do seu subconsciente, marcada co selo (ou o estigma) dunha tremenda lucidez e dende o punto de vista literario, dona dun notable rigor estilístico».

E marabillas da blogosfera, coincidimos falando desta escritora cun blog amigo, o de “A biblioteca do Colmeiro”. Para nós é un pracer xa que somos verdadeiros admiradores do seu traballo e do seu bo facer. Poñemos un enlace ao seu artigo sobre esta fantástica muller.

EL AUSENTE

I

La sangre quiere sentarse.
Le han robado su razón de amor.
Ausencia desnuda.
Me deliro, me desplumo.
¿Qué diría el mundo si Dios
lo hubiera abandonado así?

II

Sin ti

el sol cae como un muerto abandonado.
Sin ti

me tomo en mis brazos
y me llevo a la vida

a mendigar fervor.


Para saber máis sobre Alejandra Pizarnik

http://sololiteratura.com/piz/pizarnik.htm

http://amediavoz.com/pizarnik.htm

3 comentarios:

gracia dijo...

A biblioteca do Colmeiro:
Fermosa coincidencia e fermosas as súas palabras, e aínda máis fermosa é a amizade bibliotecaria.
Grazas por estardes aí, por compartírmonos e por lérmonos!

Biblioafonso dijo...

Cada día que pasa "O Segrel do Penedo" estase a converter na referencia gaelga da blogosfera.
Parabéns polo traballo de cada día.

Raioteca dijo...

Grazas pola vosa benvida, o voso é o primeiro comentario e recibímolo con moito agarimo. Felicidades tamén polo voso traballo. Saúdos dende Pontedeume.

Related Posts with Thumbnails