viernes, 27 de abril de 2007

Arte e artistas no IES de Fene

Pois si, hai moito arte e moitísimos artistas arredor da nosa biblioteca ultimamente. As rapazas e rapaces de 4º de ESO xunto coa súa profe de debuxo, Luísa Parada (deseñadora do carné da biblioteca), están a deseñar os logos da nosa CDU, e teño que dicirvos que están a saír cousas moi boas e divertidas. ¿Que me dicides do cine, e os cómics?
Pois xa veredes o resto, agora mesmo non volos podemos ensinar xa que están no taller

Pero a creación non remata con estes deseños, nin moito menos!!. Deseñaron tamén dous magníficos murais, si, lestes ben, dous murais, que estarán nas paredes exteriores da nosa biblioteca, un deles dentro do instituto, nunha das paredes da zona de exposicións e o outro, o que aquí vedes, no exterior do centro.

¿Tiña eu razón ou non ao afirmar que hai moito arte e moitos artistas ao noso carón? Pois que cunda o exemplo da nosa compañeira e do seu alumnado. Parabéns Luísa !! Tódolos deseños

2 comentarios:

MESTURAS dijo...

A verdade é que me encanran os debuxos da CDU e paréceme un acerto que a mascota apareza en todos os elementos, tamén no mural. Nós faremos algo parecido o curso que vén: un gran mural que ocupe a parede de fóra da biblioteca e a porta, por dentro daremos algún toque. Aínda non deseñamos nada, pero a compañeira de plástica está niso. Xa lle ensinarei os vosos deseños...
Os parabéns de sempre

Antonio Martínez dijo...

A verdade que debemos felicitarvos tanto polo traballo como pola súa calidade plástica.
Noraboa

Related Posts with Thumbnails