Onte, nós celebramos ámbalas dúas datas. Tivemos unha mañá esgotadora, pero moi gratificante. Preparamos actividades para todos os cursos da ESO ao longo de toda a xornada, de
Comezamos ás 08.30 cunha webquest sobre María Mariño para o alumnado de 3º e 4º de ESO, webquest que preparamos o grupo de apoio da biblioteca. Mentres, os de 1º e 2º de ESO tiñan que completar o seu libro de poesías de autores galegos “Poemas para un Día”
Ás 10.00 recreo de
Nesta ocasión os de 3º e 4º tiñan a actividade “As caras das letras”, similar á dos poemas para un dia, pero nesta ocasión o que cambiaban eran as fotos e caricaturas de 22 dos escritores/as aos que se lles dedicou en algunha ocasión o Día das Letras .
Preparamos para os de 1º e 2º unha xincana cultural, composta de preguntas, enigmas, xeroglíficos, poemas para completar... 10 probas moi diferentes que para resolver tiñan que utilizar internet, os fondos da biblioteca, o seu enxeño e imaxinación, en fin moi variada e que lles gusta moito.
Ás 12.00 da mañá o 2º recreo de
Xogos populares que algúns profesores, recordando vellos tempos, aprenderon aos rapaces e rapazas, e paralelamente un obradoiro de barro impartido polo ceramista Francisco Xosé Pérez Porto, fillo de Xosémaría Pérez Parallé (O Segrel do Penedo) e con quen todos os que participamos, tanto alumnado como profesorado disfrutamos moitísimo. Vaia pezas que saíron!
Chegamos ás 13.50, hora de prepararse para coller o autobús e volver á casa. O alumnado encantado con todas as actividades e os profes que participamos moi contentos pola súa resposta, pero esgotados... despois dunha mañá onde a literatura galega e es TIC estiveron tan presentes, pero na que non nos quixemos esquecer das tradicións e dos traballos artesáns.
Dende aquí o noso agradecemento a Fran P. Porto, e a todos os rapaces e rapazas que participaron con tanto entusiasmo e nos fixeron esquecer todo o traballo destas dúas últimas semanas. Que non foi pouco!! Poemas para un Día Xincana Cultural Álbum fotográfico
5 comentarios:
Impresionante despliegue de actividades. Enhorabuena por un trabajo tan bien hecho.
Un saludo desde Betanzos !!
Só de pensar no traballo que realizáchedes, xa estamos cansos. Noraboa
Non teño palabras.O voso alumnado é realmente afortunado, que sorte poder estudiar nun instituto así. Noraboa.
Loly tes todo esto moi bonito. Bicos
Loli es a mellor xefa de estudos que podiamos ter, por favor non cambies nunca. Un beso moi forte.
Publicar un comentario