martes, 24 de abril de 2007

10ª Olimpíada do Saber

Xa estou aquíiiiii!!

Despois de nove anos ininterrompidos aparecendo no noso Instituto por estas datas (ou quizais un pouco antes....) aquí estou eu, no meu 10º Aniversario, e coa mesma ilusión do primeiro día. Espero que a vós, sufridos participantes e arriscados organizadores vos colla coas mesmas forzas, ou se cabe con máis, que as enerxías renovadas sempre veñen moi ben.

Imos estar xuntos durante unha tempadiña, así que ánimo, ímolo pasar moi ben, e os que cheguedes ao final teredes moitas e boas sorpresas.

Se entrades neste enderezo http://osegreldopenedo.googlepages.com/aolimp%C3%ADadadosaber atoparedes toda a información que necesitades, dende as bases do concurso ata todo tipo de probas. Pero se aínda así queda algunha dúbida, xa sabedes, ide á biblioteca e falade con Inma (Ela ten todas as respostas, esa muller sábeo todo!!)

Pero non podemos rematar sen agradecer a Xosé Manuel M. Fraguela a súa participación na elaboración das Apostas. Este benquerido compañeiro, aínda que nos abandonou pola capital hai uns anos, sempre seguirá connosco. Querémoste!!

O logo da nosa Olimpíada foi deseñado, hai bastantes anos, por Francisco Beltrán, un verdadeiro artista que pasou con nós algúns cursos e de quen temos moi bos recordos. Por certo, este non foi o único deseño que nos fixo.


4 comentarios:

MESTURAS dixo...

Queridos compañeir@s do Segrel. Onte mandei esta ligazón a un centro de Arcade que me pediu información sobre algunha actividade para empezar a usar a Biblioteca agora que xa remataron de catalogar. Acabo de recibir un correo dicindo que os vosos materiais son de moitísima utilidade. Que o saibades.
charo
sánchez cantón
bicos Loly

Marga dixo...

Noraboa polo blog que tén unha pinta estupenda, pero coidado que é como a lectura: engancha!
Unha aperta.

Anónimo dixo...

Grazas ás dúas, sodes vós e o voso traballo o exemplo a seguir. Os vosos blogs, xa o sabedes, son os nosos favoritos.
Bicos.

pobriños al cuadrado dixo...

ya somos campeones da villa do saber do curso 2006-2007 vivan los pobriños al cuadrado

Related Posts with Thumbnails