domingo, 22 de abril de 2007

Desde o IES de Fene vemos o mundo enteiro!!


Create Your Own

Desde as ventás do noso instituto adiviñamos o outeiro no que houbo un castro; vemos a Casa do “Adriano”, co emigrante cun facho e unha maleta na súa cúpula, o piñeiro centenario, que case é o último resto do Pazo de Barallobre, un pouquiño de Astano, que sempre será Astano, Ferrol e os seus barcos, as luces da Coruña e o sol que se esconde cada tarde por detrás de Monte Faro.
Na biblioteca é onde máis ventás hai. Son miles de páxinas, centos de minutos de películas e dous pares de ordenadores.

No noso instituto gústannos estas ventás polo que supoñen de apertura a outros mundos, a outras culturas, ventás que nos traen coñecemento, liberdade e novas amizades.

Hoxe, 23 de abril, Día do Libro, abrimos o noso blog “O Segrel do Penedo”, que ven a ser como unha ventá pero do revés, porque está feita para ver o que hai dentro. Invitámosvos, non só a mirar a través desta ventá, senón a que nos acompañedes nesta aventura marabillosa de facer das nosas bibliotecas escolares puntos de encontro e aprendizaxe.

Benvid@s!!

2 comentarios:

Jose M. Mouriz Cabalo dixo...

Para ver o mundo enteiro hai que ter unha boa perspectiva. Moitísimas persoas teñan unha liña de fuga da súa perspectiva persoal que pasa polo instituto de Fene. Grazas por estar aí e permitir que o mundo se vexa cada vez máis enteiro.
José Manuel Mouriz Cabalo

Anónimo dixo...

Os meus parabéns para o novo blog que comenza e ánimos e a seguir coa excelente labor que estades a realizar, eu son das que sempre da unha voltiña polos blogs e cada vez estou máis alucinada da marabillosa xente que forma parte das bibliotecas galegas
BICOS PARA TODOS OS COMPOÑENTES EN ESPECIAL A LOLY
SORTIÑA E A SEGUIR
MARINA. IES ARZÚA

Related Posts with Thumbnails