Así foi como rematamos o 2011, cunha chocolatada solidaria para endulzar non só a recollida das notas, que nalgún caso boa falta facía, senón para endulzar unha miaxiña o cambio de ano aos nosos amigos e amigas do Bubisher, porque por e para eles e elas organizamos esta pequena festa.
A organización levounos uns días...
Comezamos facendo carteis cos que enchemos as paredes de
entrada ao instituto para que tod@s souberan o que se ía organizar, os encargados foron os mozos e mozas de 1º e 2º de ESO. Logo houbo que preparar os vales que nos axudarían a saber de antemán de cantos chocolates e cantos churros estábamos a falar, porque Carmen, a "alma mater" desta iniciativa, sen ela sería imposible facelo, necesitaba saber canto chocolate tiña que preparar. E preparouno durante 3 horas, así estaba de exquisito. Hummmmmmm, houbo que repetiu ata... mellor non o decimos, que larpeir@s!. E que me decides dos churros, que chegaron ao instituto recén feitiños ás 10.00 da mañá? Riquísimos!!E despois dunha semana na que os profes da biblio venderon un feixe de vales, chegou o mércores 21 de decembro, as 10.00 en punto todo estaba organizado, e comezamos, como estaba previsto a chocolatada. Todo saiu perfecto!!
Dende aquí agradecer a Carmen o seu exquisito chocolate e a súa marabillosa disposición para decirnos que sí dende o primeiro momento en que lle fixemos a proposta, ao alumnado que preparou os carteis e a tod@s canto mercaron o seu vale, que era o noso "graiño de area" - e nunca mellor dito... para ese Niño do Bubisher recén estreado, o Bubisher 1 e o Bubisher 2 nos campamentos de refuxiados en Tinduf.
Moitísimas gracias a tod@s pola vosa SOLIDARIEDADE con maiúsculas, porque sempre estades aí, e de que xeito!!
No remate do segundo trimestre haberá algo "especial" e tamén solidario... Esperamos contar de novo con tod@s vós!!







Ningún comentario:
Publicar un comentario