SALVANDO LIBROS
Que libro salvarías ti?
Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.
Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.
Maio 2011
Queremos dar moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.
Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí
e algunhas das interesantes cousas que fai aqui
e tamén aquí….
Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade
Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria
Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.
Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre.
A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Secundaria e algúns persoeiros relacionados co mundo das letras e a cultura
ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:
ESCOLA UNITARIA DE VIDE
IES SÁNCHEZ CANTÓN DE PONTEVEDRA
(Este último, autor desta entrada)
IES SÁNCHEZ CANTÓN DE PONTEVEDRA
(Este último, autor desta entrada)
4 comentarios:
Xenial. Unha iniciativa estupenda. Seguides sendo do mellor. Bicos
Benquerida Oki, xa nolo dicían de pequena... deus dea unha amiga, aínda que sexa no inferno!!!!
Bicos
hoxe vimos as vosas fotos na recollida do premio en Madrid.
Que orgullosas nos sentimos ao veros alí, e ti Loly, que juapa estabas!!
nós, coma sempre aprendendo ds mellores!
¡Genial idea!.Estar unidos, tan unidos, por una causa tan bella es digno de admirar.
Ojalá os parezca interesante el proyecto que os mandará Ana, nuestra directora.
...Y además ,felicidades por vuestro blog, felicidades por vuestro premio y felicidades por ser personas tan amables.Pasamos un buen momento y eso fue gracias también a vosotros.
¡Nos vemos!Besos
Publicar un comentario