mércores, 10 de febreiro de 2010

O Día a Día do CEIP San Walabonso

Hoxe tivemos a oportunidade de asistir a unha charla de Fernando Gracía Páez, profesor e xefe de estudos do CEIP San Walabonso de Niebla (Huelva). Un centro de referencia cando falamos de Traballos por Proxectos, de ALFIN, de uso das TICs... e que hoxe vos queremos amosar.

O día a día deste centro comeza coa recollida de datos do parte meteorolóxico. Os rapaces e rapazas dos diferentes cursos túrnanse para tomar nota dos datos que logo utilizarán para completar as correspondentes gráficas que posteriormente publican no taboleiro de anuncio do colexio e logo no blog Meteorología Escolar para que todo o pobo poida coñecer o estado do tempo. "Unha tarefa escolar que se converte nunha responsabilidade social"

E despois que?
Despois, as súas tarefas cotias van desde Cazas do Tesouro, Murais, Presentacións, Guías, Cancións, Wikis, Webquest, gravacións en You Tube, Vimeo e Google Vídeos, audio lecturas, audio libros, audio poemas, redacción de contos, artigos no blog do centro,

Pero isto non é todo, queda máis, moitísimo máis... entrade na súa páxina, viaxade a través de todas e cada unha das ligazóns e comprobádeo. Merece a pena!!

Un magnífico exemplo de traballo colaborativo e compartido.

Parabéns a toda a comunidade educativa polo magnifico traballo que están a desenvolver.

8 comentarios:

fgpaez dixo...

Muchas gracias por tanta generosidad hacia nuestro cole en vuestro artículo.
Fue un placer estar allí!
Un abrazo.
:-)

Biblioafonso dixo...

Hoxe, unha persoa que estivo na charla faloume marabillas. Parabéns.

Loly dixo...

Fernando, enhorabuena por haber conseguido esa perfecta integración de las TIC en el curriculum convirtiendo vuestro cole en un verdadero centro educativo de la sociedad del conocimiento.
Fue un verdadero placer asistir a tu charla.
Un abrazo:-)

O Segrel do Penedo dixo...

Biblioafonso, quen che falou marabillas non esaxerou nadiña. Un extraordinario traballo o que se está a facer no San Walabonso, un centro de referencia no estado.

Encarna dixo...

Unha sesión moi interesante. Para reflexionar e darnos conta do camiño que nos queda por percorrer. Un verdadeiro exemplo a seguir.

O Segrel do Penedo dixo...

Raioteca, aí está a clave... Reflexionar cara onde queremos ir e o xeito como imos percorrer ese camiño. E sen esquecer os nosos referentes...

fgpaez dixo...

Gracias de nuevo por vuestros comentarios.
Loly te aseguro que aún nos queda muuuucho por aprender y por hacer para llegar a esa "perfección" que apuntas. Pero me alegro de que te guste nuestro trabajo.
Faltó la post-conference, pero otra vez será :-)

Loly dixo...

Fernando te tomo la palabra y la próxima vez que nos veamos, que espero sea pronto, charlaremos largo y tendido en esa post-conference que esta vez echamos en falta!!
Un abrazo

Related Posts with Thumbnails