martes, 16 de febreiro de 2010

Tódalas Familias son Diferentes!!


Vía

Vídeo realizado pola Xunta de Andalucía para visibilizar, entre os máis pequenos, os distintos tipos de familias. O lema é "Tódalas familias son diferentes máis en todas elas quererante igual"

A diversidade afectivo-sexual é unha das moitas diferenzas coas que debemos aprender a convivir con tolerancia e respecto, para o que teremos que comezar derrubando moitos estereotipos e prexuizos que non fan máis que desvirtuar a realidade.

E nada mellor que comezar "desmontando armarios" unha extraordinaria selección de lecturas e películas, que pronto formarán parte tamén dos nosos fondos, feita polo profesorado ao fronte de Biblioafonso, referente das bibliotecas escolares galegas.

Máis materias didácticos para a educación afectivo-sexual

Nos nosos fondos podes atopar:

Banda Deseñada: Bícame Profe 1 e 2

Cine: Brokeback Mountain, Billy Elliot e Tomates Verdes Fritos


POLA TOLERANCIA E O RESPECTO ÁS DIFERENCIAS !!

4 comentarios:

Unitaria de Vide dixo...

Andale!!!! ata en Entroido veña a preparair materiais... e que materiais!

Unitaria de Vide dixo...

Andale!!!! ata en Entroido veña a preparair materiais... e que materiais!

Unitaria de Vide dixo...

Andale!!!! ata en Entroido veña a preparair materiais... e que materiais!

O Segrel do Penedo dixo...

É que, nin por moi lonxe que esteamos de eiquí, podemos desconectar da blogosfera!!!
Ah, grazas por triplicado....

Related Posts with Thumbnails