sábado, 4 de xullo de 2009

Pechamos por Vacacións !!!!

Remata o curso.

Memorias enviadas, seguimento da programación feito, actas asinadas, organizado o calendario dos exames de setembro, avaliacións dos distintos niveis coordinadas... todo o papeleo listo.

Agora chega o momento de botar a vista atrás e ver todo o que aconteceu nestes nove meses. Tempo de analizar o traballo feito e o que quedou por facer, pero sobre todo é tempo de descansar, de coller novos folgos e prepararse para levar a cabo os proxectos do vindeiro curso.

Así que ...
PECHAMOS POR VACACIÓNS!!!

Chega ese tempo marabilloso que tanto ansiamos. Tempo de lecer, de disfrutar da familia, das amizades, das lecturas abandoadas en espera dun momento mellor, desa viaxe apaixoante que nos teñen preparada... en definitiva, tempo para nós!!

Pero non podemos marchar sen lembrar a tod@s @s que facedes desta andaina que agora remata unha fantástica experiencia: Grazas Plambeir@s polo voso bo facer, grazas compañeir@s pola vosa complicidade, grazas AMIG@S por ser como sodes, grazas a todos e todas pola vosa infinita comprensión, solidariedade e agarimo!!!!!!

Ata a volta, sede felices e xa sabedes... Saúde, libros e bicos!!

11 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Para ir de vacacións primeiro teríades que ter traballado. Quen vos pagará a vós? Seguro que non merecedes o salario!!! Vagos que sodes todos-as uns vagos.
Moitos bicos con envexa viaxeira.

Serafín dixo...

Grazas por todos os comentarios agarimosos cos que ao longo do ano o Segrel foi tecendo a rede de amizades polos blogs das bibliotecas escolares.
Boas lecturas de verán.
Un saúdo desde o val de Monterrei.

Ronsel dixo...

Vacacións sobradamente merecidas. Que sexan boísimas, de corazón.
bicos

Encarna dixo...

Seguro que esas lecturas de verán, esa viaxe apaixoante, esas novas amizades... enriquecerán os proxectos do vindeiro curso.
Disfruta moito e ben, sen presas, saboreando cada momento.
Moitos bicossss.

Inma dixo...

Hola grazas por todos los vos ratos que nos dichedes este ano coas entradas que pusechedes.Que pasedes unhas boas vacacions e ata o ano que ven,biquiños Inma

olga dixo...

Bicos, soños, libros...¡descanso!
Grazas polo traballo compartido.

Loly dixo...

Buenoooo, se xa o dicía eu... "Grazas AMIG@S por ser como sodes". Con amizades coma vós, ESTA ANDAINA SEMPRE SERÁ FANTÁSTICA!!!
Bicos mil e ata a volta!!!!

Mik dixo...

Espero que esteades disfrutando a tope das vacacións. Para cando voltedes tendes un agasallo no noso blog.
Unha aperta

Mik dixo...

Espero que esteades disfrutando a tope das vacacións. Para cando voltedes tendes un agasallo no noso blog.
Unha aperta

http://titamencontas.blogspot.com/

Mik dixo...

Glubs!! Perdooooón! O agasallo está en http://bibliogoldar.blogspot.com/
(é que a estas horas...)

Roberto Pazos dixo...

Merecidísimas vacaciones que sirven como recompensa a un gran trabajo que se ve reflejado en la calidad de este blog, un blog que enorgullece a todos los que estamos relacionados con el centro al que representa. Sin duda y como el buen vino, este blog irá enriqueciéndose y creciendo a lo largo de los años porque sobre todo detrás de este trabajo se encuentran personas que desinteresadamente se preocupan por mantenerlo actualizado.
Enhorabuena y ánimo que pronto nos volveremos a encontrar hasta entonces a disfrutar de este tiempo de descanso. Un cordial saludo.
Roberto.R.P.

Related Posts with Thumbnails