miércoles, 1 de julio de 2009

O Galego Serve para Entendernos!!!

Vía Brétemas, un dos nosos blogues amigos, puidemos disfrutar coa lectura desta "carta", aparecida no Faro de Vigo hai unhas semanas, asinada por José Manuel Atanes Limia baixo o título de "O Galego serve para entendernos" e non queremos deixar de achegárvola.

Podese dicir máis alto, pero dubido que se poida facer de xeito máis claro.

Que para que serve o galego dicen algúns, pois para que vai servir??

O GALEGO SERVE PARA ENTENDERNOS!!!

Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa, Mariña... apelido: Vázquez, Nogueira, Lagoa.... e alcume: o Bichoguizo, a Rachaoferro, as Piricas,....
Puxémoslle nome ás nosas árbores: amieiro, freixo,
teixo,... e apelidos: Carballa da Rocha, Castiñeiro da Capela, Carballeira de Mandiá...
Botamos aturuxos, arroutadas, regueifas.... e damos colo, apertas,
bicos....
Puxémoslle nome ás froitas: pexego, mazá,
abruño....
Aos arbustos: silva, xesta, piornos....
Ás nosas herbas: camariña, herba de namorar, fiuncho...
Ás comidas: grelos, cacheira,
cachelos.....
Puxémoslle nome aos insectos: vagalume, escornabois,
avelaiña......
Aos peixes: xouba, ollomol,
merlón .... e aos mariscos: vieira, zamburiña, navallas....
Ás nosas praias: de Rodas, A Rapadoira,
Ponzos, Areamaior, Lariño, Boca do río, ...

Ás serras: O Larouco, A Capelada,
Outes...
Aos montes: A Zapateira, O Galiñeiro,
A Bailadora...
As rochas: Pena Corneira, A Pedra de Avalar,
Os Cabalos...
Aos ríos: Toxa, Xallas, Eume, ...
Aos pobos: Soutelo, Peroxa, Lubre....
Aos males: Mal de Ollo, O Arangaño, O folgosalvo...
Aos nosos medos: A Santa Compaña, O Negro Meigallo, O home do saco...
Aos nosos heroes: O Foucellas, Roi Xordo, María Soliña...
Aos monstros: Sacauntos, Fendetestas, Urco...
As vacas: Marela, Xeitosa,
Roxa, ....
Aos disfraces: Peliqueiro, Boteiro, Choqueiro...
Aos sentimentos: morriña, agarimo,
aloumiño...
Aos santos: A Franqueira, O Corpiño,
San Andrés..
Ás nosas festas: A Rapa das Bestas, O Magosto,
Os Maios...
Á musica: os alalás, a chouteira,
as folías.......
Aos xogos: a billarda, a porca,
as lombas, ......
Ás partes do corpo: as costas, os xeonllos,
os beizos...
Aos paxaros: paporrubio, rula,
xílgaro...
Ao vestido: saia, polaina,
pololos...
Puxémoslle nome ás partes do carro: sabexugeuiro, chavella, fungueiros, caínzas,...
Inventamos verbos: acabicornar as vacas, rapaz a lá das ovellas ou o mel das abellas,...
Puxémoslle nome ás partes dea lareira; camballeira, fornela, tres pes, ...
En galego digo sacabeira e araucaria.
En galego sáeme dicir birbiqué e pendrive.
En galego podo dicir Obradoiro e Taj Mahal
e tamén sei dicir Afonso X e Michael Jackson
Digo axóuxere, nai, fala, e cada vez que falo galego ten sentido a nosa historia, ten sentido a vida da miña avóa, dos meus pais,...

....e agora veñen que para que serve o galego, pois e obvio, para entendernos.

E como nos propón Manuel Bragado, que vos parece se entre todos e todas imos ampliando esta fermosísima carta con esas marabillosas palabras que nos axudan a entendérmonos?

Animádesvos? Pois adiante!!!!

Actualizado o 2 de xullo. Grazas!!

Actualizado o 3 de xullo. E seguimos ampliando... Anímate, ti tamén contas!!

10 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

Ás praias: Areamaior, Lariño, Boca do río...

Antonio Martínez dijo...

Ás praias: Areamaior, Lariño, Boca do río...

Bibliocervo dijo...

Paréceme moi ben, aí vai a miña aportación:
Puxémoslle nome as partes do carro: sabexugueiro, chavella, fungueiros, caínzas,...
Inventamos verbos: acabicornar as vacas, rapar a lá das ovellas ou o mel das abellas,
Puxémoslle nome as partes da lareira:camballeira, fornela, tres pes,
Non permitamos que se perdan estas fermosas palabras

Antonio Rivera dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Antonio Rivera dijo...

En galego digo sacabeira e araucaria.
En galego sáeme dicir birbiriquí e pendrive.
En galego podo dicir Obradoiro e Taj Mahal
e tamén sei dicir Afonso X e Michael Jackson.

Cristina dijo...

Digo axóuxere, nai, fala, e cada vez que falo galego ten sentido a nosa historia, ten sentido a vida da miña avóa, dos meus pais,...

宜蘭民宿 dijo...

RD
批發

seo

網路行銷

Loly dijo...

Grazas pola vosa participación, por suposto tamén ao noso amigo "chinés". Ou é amiga???
Felices vacacións, que ben as merecemos, non si??

xose dijo...

Para que serve o galego? (Para quen queira visionalo en video).

Se queres, estaremos gustosos de enviarche a presentación para que lle deas difusión.
Saúdos.

http://www.blogoteca.com/acutareiradalaracha/index.php?cod=67772

Dilaida dijo...

Os nomes de montes e leiras onde eu nacín: Foxacos, Campaza, Tremedoiro, As Puzas, Outeiro da Forca, Lameiro do val, Regos, Trasdecarros...

Related Posts with Thumbnails