martes, 23 de setembro de 2008

E o blog volveu das vacacións

Custounos un pouco poñernos ao día, pero aquí estamos xogando de novo coas TICs e co que unha biblioteca pode ensinar.

Empezamos cun documento audiovisual excepcional, unha metáfora mediática!!! Contamos coa colaboración dun actor e bailarín fabuloso, coa música duns compositores xeniais e cunha peli que fixo escola.

Para todos os nenos e as nenas; para todos vos, os maiores: O Segrel do Penedo personificado en Tony Manero!!!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Como cambian os tempos, como cambiou Jonh Travolta, como cambia a ensinanza e como van cambiando aínda que lentamente as nosas bibliotecas escolares.
Benvidos e bo comenzo de curso
MARINA

O Segrel do Penedo dixo...

Fantástica volta!!
Comezamos con música, festa, ledicia, o ánimo polas nubes, a autoestima a tope... Que máis se pode pedir??
Nin máis nin menos que se contaxie a todos "os membros e membras" da nosa comunidade e que non decaia ao longo desta nova andaina que estamos a iniciar.
Feliz curso para tod@s especialmente para as Bibes Galegas!!!

Related Posts with Thumbnails