mércores, 24 de setembro de 2008

As Meninas nas Rúas de Canido en Ferrol

Onte á mañá visitei o Barrio de Canido.

Un amigo fíxome un encargo. As súas palabras foron “necesito fotos das Meninas de Canido para Inici-arte”, sen saber que eu xa tiña en mente esa reportaxe gráfica. Quería que o meu primeiro artigo no noso blog se fixera eco dunha maravillosa iniciativa que xorde de dous veciños de Canido, un dos barrios máis antigos da cidade de Ferrol, Eduardo Hermida e Gustavo Sequeiro, dous artistas decididos a revitalizar o seu barrio.

“...pintar una serie de originales meninas en las fachadas de las casas abandonadas para dar una nota de color y revitalizar de una manera artistica el deterioro de estas casas”. Eduardo Hermida

E nesta iniciativa deciden participar non só os veciños do barrio senón artistas do renome de Jorge Cabezas (a súa primeira obra foi vítima da intolerancia e da falta de respecto aos demáis), Collado, Carmela González, Avelino Castro, a diseñadora Marta Ramos, Patinha, Jorge Llorca, Siro, Suso Basterrechea, Raimundo Anido e Luis Rapela entre outros.

E durante a miña visita, como é a vida..., coñecín ao pai de Eduardo Hermida. Un home orgullosísimo do seu fillo, da súa obra e desa idea que puxo en pé aos veciños e que sacou o barrio ao exterior. Un home amabilísimo que me contou anécdotas e me amosou detalles dalgunhas das obras. Un guía marabilloso para unha visita marabillosa.

Grazas Sr. Hermida, sen vostede a miña visión sería, cando menos, diferente. Todo un pracer coñecelo e poder apreciar a arte das Meninas de Canido dun xeito moi, moi especial.



Máis en:

Iniciarte

El País

El Correo Gallego

La Voz de Galicia

e-norte.org

Son Cositas

Radiofusión

*Álbum fotográfico actualizado o 30/09/08. Continuará...

5 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Espectacular inicio do curso. Máis artístico, compremetido e colectivo non podía ser. Viva a arte blogueira.

O Segrel do Penedo dixo...

É que dende que saíu Inici-arte á blogosfera téñoche envexa... "Eu tamén quixera saber tanto de ARTE"
Vémonos en Canido!!!

Anónimo dixo...

Fíxate por onde, eu pedíndolle a Antonio imaxes gráficas e a reporteira number one chega xusto a tempo para saciar a miña curiosidade.
Grazas, esta é unha iniciativa preciosa.

O Segrel do Penedo dixo...

Como ía quedar esta fantástica mostra de arte na rúa sen a súa reportaxe gráfica?
Agora xa tes un motivo máis para a visita prometida.

Montse dixo...

Feliz curso. Os echaba en falta.
¡Ya estamos todos! y... todas.

Related Posts with Thumbnails