sábado, 31 de maio de 2008

Xabier Docampo no "Canal YouTube de Radio Barullo"


O pasado mércores, recibimos a visita de Xabier Docampo. O alumnado de 1º e 2º de ESO disfrutou da súa charla.

O seu libro “Cando petan na porta pola noite” foi o primeiro que limos no Club de lectura e na sesión do club fixeron comentarios ben interesantes que unha vez diante do “autor” parece que non foron quen de facelos, deberon ser os nervos...

Xabier Docampo falounos de literatura, de libros, de escritura…

Eu non estou orgulloso dos libros que escribín, o que si estou é orgulloso dos libros que lín

Lendo decateime que os libros falaban de min… contaban o que eu sentía, ou eu sentía o mesmo que sentía o autor

Eu, escribo tamén para lerme. Impórtame o que escribo, para lerme

Eu podo vivir sen publicar, o que non podo é vivir sen escribir. Se non escribo non sei quen son

A charla foi ben amena, Xabier sabe como chegar aos rapaces, e aos nosos chegou e de que xeito!! Fixo que se sentiran moi a gusto e que disfrutaran da súa conversa.

Gracias Xabier, por facerlles ver que a lectura pode ser un verdadeiro pracer!!


E para rematar, asinounos a profes e alumnos, algúns dos seus libros e tamén asinou no noso Libro De Ouro.

Visitade Radio Barullo e a través do seu Canal Youtube podedes ver o encontro que mantivemos con este magnífico escritor.


7 comentarios:

Anónimo dixo...

¡Que ben o pasan estes mozos e mozas e que gusto oír a esta xente que che fai amar a lectura! e que sorte terte a ti Loly para mostrarnos un camiño cheo de posibilidades e de ledicias.
Grazas

Ángela dixo...

A min encantoume a charla. Nótase que a Xabier gústalle ler, nótase moito. É verdade o que se sinte cando les un libro que se relaciona contigo. Xabier explicábase moi ben, o único malo é que non se lle oía moi ben polo motivo da situación que tiña a xente dentro da aula. Se Xabier miraba para un lado e falaba, o outro non escoitaba moito. De todos modos a charla foi marabillosa.

. dixo...

Gustoume bastante menos ca charla de Agustín Fernández Paz. A verdade é que me pareceu un tostón que veña un escritor para falarnos de literatuta... para iso xa están os profesores. Además é mellor que falen dos seus libros ou del mesmo.

#***xano#*** dixo...

A min este escritor gustoume moito a pesar do que digan de que se extendeu máis e falou pouco dos libros.
Eu penso que o que intentou é facer algo distinto que os outros escritores e axudarnos a entender o que significa a literatura para el e para o mundo.
O problema foi que non se escoitaba moi ben porque se se lle preguntaba dun lado xirábase e non se escoitaba do contrario.

LaUrA dixo...

A min gustoume moito a charla que nos dou. Nótase que é un gran amante da lingua e da cultura galegas. Houbo partes da charla que non se escoitaron porque de feito cando Xabier falaba é miraba para outro lado non se lle escoitaba moito no outro lado. Da charla o único que diría é que estivo moi ben e que a ver cando os profesores se animan a traer outro escritor.

Michelle dixo...

Xabier do Campo pareceume nuha persoa moi divertida, e tamén é bastante sarcástico. o que me paraceu bastante raro era que usase algunhas palabrotas na súa fala. Tamén nos explicou o que era para el a literatura. É moi simpático.

Laura López dixo...

A charla gustoume moito.
O que máis me gustou foi a forma de que este señor ( Xavier do Campo )ten de explicar.
Encantoume como os rapaces e rapazas que estabamos a escoitar a charla a forma de que un mundo tan descoñecido para nós como é a literatura cada vez grazas a persoas como Xavier ou Agustín sexa cada vez máis cercana para que a poidamos coñecer mellor.
Grazas Xavier!!!

lAURA L.

Related Posts with Thumbnails