venres, 9 de maio de 2008

Agustín Fernández Paz no IES de Fene

Hoxe, no IES de Fene, tivemos a enorme fortuna de poder disfrutar da presenza de Agustín Fernández Paz.

Esta mañá e durante hora e media, que nos soupo a ben pouco, reunímonos o alumnado de 2º e 3º de ESO, os membros do Club de Lectura e algúns profes, con este home extraordinario e que fixo a ledicia de todos e todas nós. Tamén tivemos unha “invitada especial” Antía, alumna de 2º de bacharelato, unha boa lectora e mellor escritora, e cuxo libro favorito, que recoñece saber case de memoria, é “Corredores de Sombra”. Como é lóxico, non quixemos que perdera a oportunidade de escoitar ao seu escritor favorito.

Agustín falounos do “chispazo”, de como xorden as ideas das que despois saen as historias, de cal é o proceso que el segue para escribir as súas novelas, dos 6 ou 7 borradores previos ao definitivo “Salvo aos xenios, e eu non o son, ás persoas normais as cousas non nos saen á primeira”. Ensinounos o seu borrador cero, esa marabillosa libreta amarela, unha xoia que nos permitiu non só ver, senón ler e fotografíar.

Este home tan cercano, afable, e fantástico contador de historias, engaiolounos a todos, e notouno nos nosos ollos, e así nolo fixo saber na súa despedida.

Como dixo Inma, profe de Ciencias, “Se alguén non tivera lido un dos seus libros, despois de escoitalo non deixaría de facelo. Vaia xeito de fomentar a lectura!”

E rematada a conversa algúns rapaces e profes achegámonos co noso libro favorito para que no lo asinara. Por suposto que tamén asinou no Libro de Ouro de O Segrel do Penedo.

Non podería haber xeito mellor de comezar a celebración do Mes das Letras.

Nuns días, e a través de Radio Barullo, poderedes disfrutar do video desta conversa con Agustín Fernández Paz.


5 comentarios:

Biblioafonso dixo...

Estupendo traballo, parabéns.

Chispa dixo...

Que envexa, sana, pero envexa. Que sorte para os vosos alumnos/as poderen disfrutar das súas palabras.
Moitas felicidades e bicos!

O Segrel do Penedo dixo...

Graciñas Toño e Rosana.
Realmente foi unha sorte inmensa, que nos soubo a moi pouco... pero non podía dedicarnos máis tempo, tiña outra cita en Ferrol!!

Sarika dixo...

La charla que nos dio Agustín fue la mejor de todas las que me dieron en la vida (que fueron muchas). Me pareció una muy buena persona y muy cercana a nosotros, y eso no lo consiguen todos los escritores. En conclusión, me gustó mucho, su charla y sus libros que son verdaderamente buenos.

Nerea dixo...

La charla de Agustín Fernández Paz me pareció muy entretenida a la vez de interesante.Se explica muy bien y es un autor, para mi gusto, que escribe muy bien.Agustín no es de esos autores de libros que te dan la típica charla que te cansa muy rápido, sino que con él, el tiempo se pasa muy rápido. Es genial.

Related Posts with Thumbnails