xoves, 10 de abril de 2008

Uns Encontros para Encontrarnos…. E de que xeito!!!!!! (III)

Comezamos os Encontros con moitas risas, que non foi Antón o único que nos fixo rir, aínda que con el, e como xa comentamos, canto e de que xeito o fixemos!!

Chegamos a Sanxenxo despois dunha viaxe do máis agradable, a pesar do madrugón… E nada máis chegar, e despois dos bicos e abrazos a todas as amizades, intentamos colocar os nosos materiais. Pero é que os materiais dos GBI viñan, como non podía ser menos, xuntiños, imposible separalos, e custou unha miaxiña atopar un oco para eles. Aínda que Marina, amiga onde as haxa, fixo todo o posible por axudar, e a piques estivo, como podedes comprobar polas fotos, de servinos de, digamos “azafata” do grupo…

Nos Encontros, como é habitual, non só houbo ponencias, obradoiros e xuntanzas por zonas, nin moitísimo menos (de todo iso tivéchedes cumplida conta nas entradas anteriores). En todos os Encontros Plambeiros sempre hai moita alegría, moitas conversas, moitos momentos que compartir… As comidas, a cea, o almorzo, e como non, os cafés. Cantos cafes arredor desa preciosa piscina que non poidemos probar... O que si probaron algúns e algunhas foi a Talasoterapia, e así lles foi… pobre Beni, aínda lle están a escocer os ollos…

E que me dicides do tempo? Axudou e moito para que as nosas conversas nocturnas pudiéramos mantelas a carón desa marabillosa praia, e claro, lúa, praia… xa se sabe, ocorre o que ocorre… O Sabio subiu para a súa habitación e ao contemplar dende o seu balcón tanta beleza, non o puido evitar e… pasou o que non debía ter pasado.

Que te temos moi avisado, que hai que controlar as emocións, pero nada, este home é asi… que lle imos facer!!

Tranquilos, calquera profesional da fotografía que se precie, e eu non podía ser menos, sempre está no lugar oportuno no momento axeitado así que preparádevos que aquí están as “instantaneas”…

TARARA, TARARA…

Síntoo, penso que ata aquí abonda… o resto, só o vimos os que alí estabamos…. E para que non vos sintades moi defraudados, deixovos unha pequena reportaxe gráfica obra tamén de Cristina Novoa, Marina Engroba, Carmen Suárez e Emilio Roca.

Señor, canto Plambeir@ “paparazzi”!!




E con esta chega a despedida.

Foi un verdadeiro pracer compartir estes dous días con todos e todas vós.

Ata a próxima compañeir@s!

Saúde, libros e Bicos!!!!!!!!!!!!!

5 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Cada día menos Sabio e cada día máis golfo.

Loly dixo...

Que conste que non fun eu quen o dixo, eh!!!!

Anónimo dixo...

Bueno imos subindo de categoría, de bibliotecaria aficionada a azafata de congresos GBI... Todo será cuestión de esperar a ver que toca na seguinte...
MARINA

Anónimo dixo...

Ai que me esquecía, magnífica reportaxe dos encontros, eu de grande quero ser coma ti, estar a todo e todo facelo ASÍ DE BEN.
Grazas por compartir ese traballo e facerme recordar bos momentos
MARINA

O Segrel do Penedo dixo...

Marina, oxalá todos os bibliotecarios foran tan profesionais como ti...
Ah, e na seguinte xa sabes GBI en Monforte, non?
Grazas a ti por compartir tanto e tan bos momentos!!

Related Posts with Thumbnails